HOMENAXE DO CEIP SAN RAMÓN AO NOSO PLANETA TERRA
Ola rapac@s e familias:
Hoxe é un día importante porque conmemoramos o "DÍA DA TERRA". É moi importante porque temos que tomar dunha vez por todas conciencia do noso paso pola Terra e de como estamos destrozando a nosa casa para vindeiras xeracións.
Estou segura de que os nenas e nenas teñen moito que ensinarnos aos adultos sobre este tema. Sahen moi ben que debemos facer un cambio entre todos.
O noso alumnado elaborou unha morea de manualidades donde queren plasmar a relevancia do planeta onde vivimos e como queremos que esté: limpo, coidado, respectado, amado, protexido..... porque se facemos isto tamén nos coidamos a nós mesmos.
Os maiores de 5º e 6º fixeron tamén unha reflexión como chamamento a todo o mundo para respectar o planeta Terra.
MIRADE E LEDE CON DETENEMENTO PORQUE MERECE A PENA
LEMBRADE AS 3 R COMO OS NOSO ALUMN@S E RECICLADE PARA TODO, SO HAI QUE TER A INTECIÓN DE FACELO.
REFLEXIÓNS DE 5º E 6º
ERIKA
Boas eu son Erika e hoxe vouche falar de como tratamos o noso planteta e que medidas tomaría eu.
Nos tratamos moi mal ao planeta xa que contaminamos, gastamos moita enerxía, isto
non é moi normal porque falecen moitas prantas, peixes... Polo que nos contaminamos, se seguimos así isto non vai saír ben, a verdade que por unha parte este virus axudou
a reducir a contaminación xa que as persoas non salen polas rúas.
Algunhas medidas que poderíamos tomar sería concienciar a xente do que se lle esta facer a Planeta e que os nenos de todos os coles traballaran máis sobre este tema. Tamén se poden facer unha campaña coa xente do teu pobo, todo aquela que queira
ou poda ir, saír a recoller a basura unha vez ao mes distribuíndose en grupos para rec
ller residuos en diferentes lugares, e cando se acabe de recoller pesar todo o lixo e
ser conscientes do dano que lle facemos ao noso planeta. Outra idea pode ser que se fagan xincanas para os nenos duas veces ao mes falando deste tema para que se vaian concienciando do que pode estar a pasar tamén que nos supermercados se dean bols que se lles poida dar moitos usos e tamén que dea bolsas de tipo cartón.
Eu penso que se empezamos a facer algunhas destas cousas, isto irá cada vez a mellor
e se todos aportamos ideas e colaboramos, isto poderase superar xuntos. O noso planeta é moi importante, así que por favor sede conscientes do que facedes.
Tamén é moi importante reciclar aínda que na nosa casa non teñamos todos os
contenedores. Desprazadevos un pouco para que todo mellore.
Facede caso ao que vos din da reciclaxe e cousas polo estilo porque cada vez falecen máis animais e sen animais nós non podemos comer, e as prantas, tamén morren e sen prantas tampouco podemos comer así que coidade do medio ambiente.
Espero que vos guste o meu mini traballo e sempre facede caso dos vosos maiores!
XUNTOS TODO IRÁ MOITO MELLOR!!!
ANTÓN
Eu penso que estamos tratando mal ao noso planeta e se non paramos isto
no futuro vámola levar clara.
Si eu tivera un gran cargo político reduciría a cero os envases de plásticos
e tamén as palliñas de beber serían dun cartón impermeable.
AINOA
O que opino eu é que tratamos moi mal o planeta.
Maltrataramos as árbores, arbustos, plantas, etc, porque a contaminación failles mal como si un neno toma moitos doces e lle doe a barriga, pero a natureza aféctalle moito máis.
A contaminación tamén lle afecta a auga dos mares, lagos, etc.
Tamén hai que dicir que o mal que tratamos o planeta xa non se pode ir a peor, só se pode ir a mellor, bueno, eu opino que podemos mellorar.
A xente, penso que non se dan de conta dunha cousa, que a contaminación ( en resumen os plásticos e todo iso que se tira en lugares e non nas papeleiras que lle corresponde a cada unha das cousas que queremos tirar), tamén nos afecta a nós na respiración. Hai que darse conta de que se respiramos aire malo que vamos ter problemas de respiración. En resumen ter unha enfermidade.
Eu se fose unha cargo política o que faría sería dar un discurso de todo iso, e para ver se convenzo a algúns homes e a algunhas mulleres, e así tamén ensinarlles aos máis pequenos das casas que non o saben que si facemos mal ao planeta, vai disminuir a atmosfera, que é a capa de aire que nos mantén con vida e se non a coidamos vai desaparecer.
Aumentaría os contedores de lixo tanto de cartón, plástico, vidro, residuos orgánicos, aceite e pilas.
Unha idea que tería sería propoñer que houbera nos centros de educación asignaturas donde poder ensinar a todos os alumnos e a todas as alumnas onde hai que tirar cada residuo, por exemplo un cartón de cereales no contedor azul que é o de cartón; non tirar unha pila no contedor de plásticos.
Tamén ensinar o que significa reciclar e o importante que é, en resumen ensinar para saber ben como son e en que implica as tres erres, xa que son tan importantes.
Ensinar sobre todo porque non se poden tirar, maiormente os plásticos, nas augas porque coa forza vaise arrastrando por todo o mundo. Ensinarlle a todos os alumnos e a todas as alumnas fotos de todo o lixo que chega ás praias e aos portos, tamen unha imaxe ou un vídeo de como vai disminuindo a capa de aire que nos mantén vivos chamada atmosfera, que parece que as persoas xa se lles foi da cabeza cando eran pequenos e pequenas o que lles explicaban a importancia da capa que rodea ao noso planeta.
Pero eu aínda teño fe en que podemos mellorar todo isto e conseguir que non desapareza a capa que ten a oportunidade da nosa vida e nos mantén con vida.
E algunhas persoas que non o fan deberían dicir gracias a atmosfera que gracias a ela podemos desfrutar e ter todo isto, felicidade, poder ver vistas preciosas e todo iso
ALEX
Non estamos
coidando nada ben o noso planeta, xa que contaminamos en exceso.
Se eu fora un alto cargo poñería unha multa a todas
as malas persoas que contaminan no noso planeta cunha multa de 7.000 euros e 2
anos de cárcere.
Creo que cando saíran do cárcere non terían ganas de
volver a contaminar máis se non quixeran volver ao cárcere 4 anos e pagar 14.000
euros de mult.
Se te das conta, ti cando contaminas estás matando a
moitísimos animais co plástico que tiras ao río; por exemplo, as tartarugas
perden extremidades ao enredarse en plásticos ata que alguén os rescate. Pero
hai veces que non poden rescatalos porque enrédanse ata o cuello e afórcanse cos
plásticos.
A contaminación tamén provoca desxeo e a elevación
do mar así que se non freamos isto dentro de 20 anos a metade das cidades ao pé
de praia probablemente estarán inundadas pola contaminación.
Tamén estamos matando a moitos animais como os osos
polares que están morrendo pola elevación do mar e tamén estanse separando das
súas familias.
Así que antes de contaminar busca unha papeleira
pero tamén recicla moito para vivir neste mundo os teus anos de vida e deixar
un mundo para os que veñan detrás.
BEA
Eu o que faría sobre o cambio
climático sería falar con todas as persoas
que hai no mundo e contarlles o
que temos que facer para coidar o medio ambiente,
porque aínda que nós non o vemos
estanos afectando a todos nós e aos
animais.
E eu diria pola televisión na
galega que aí é donde o ven a maioría que para respectar o
medio ambiente teríamos que:
reciclar, non tirar o lixo ao chan, se ves que un chico que tira algo ou ben
dicirlle educadamente que recolla o que tirou ou recollelo ti e tiralo á
basura.
Non queimar plástico, non tirar
lixo ao mar, non queimar as cousas se non tes o permiso, non
tirar cousas ao mar, porque se
tiramos cousas ao mar, os animaliños morren..
Unha profesora díxonos que de
tirar tanta basura ao mar a unha tartaruga metéraselle unha palliña polo nariz
e chegoulle ao cerebro...
A mín gustaríame que todos fixeran iso, se todos
pensan coa cabeza seguro que melloraremos.
ZELTIA
Eu creo que estamos facendo máis dano agora á nosa nai terra, porque a xente di que vai cambiar, que todo está mal, que non podemos contaminar máis, pero ninguén fai nada, non se paran a pensar que eles non o están facendo ben, e critican, ade-
máis. Eu se fora quen mandara en todo o planeta diríalles a todos os que fabrican plástico que si chegan 350.000 k de plástico ao mar cada día, deben de fabricarse 850.500 k de plástico cada día en todo o mundo e xa está ben de non facer nada.
Propoño que se deixe de fabricar xoguetes de plástico, senón que se fabriquen de madeira ; por outra banda, é hora de que empezemos a ter todos coches eléctricos, e se retiraran os coches de gasóleo. Tamén imporía se non se quitan os coches de gasóleo que como contaminan tanto, habería que mirar a cantidade de contaminación en este caso de fume. Ademais, nas grandes cidades eu faría que os propietarios pagaran dependendo de cantos KM recorreran e canto contamiñara o seu coche por kilómetro e así o diñeiro que se consiguira iría para facer cousas para o medioambiente.
Tamén faría un programa para os nenos nas escolas como unha clase de concienciación e plantexar deberes en familia como ir cos seus pais a recoller unha contidade de lixo, despois anotala como nunha ficha de rexistro e entregarlla aos profes para chegar á
clase e dicir todos en voz alta a cantidade de lixo que recolleu cada un.
Despois facer unha reflexións sobre se lles parece ben ou mal que a xente tire as cousas por aí.
Deste xeito, todos irian concienciándose, pais e fill@s e daríamos exemplo, ás xeneracións futuras.
máis. Eu se fora quen mandara en todo o planeta diríalles a todos os que fabrican plástico que si chegan 350.000 k de plástico ao mar cada día, deben de fabricarse 850.500 k de plástico cada día en todo o mundo e xa está ben de non facer nada.
Propoño que se deixe de fabricar xoguetes de plástico, senón que se fabriquen de madeira ; por outra banda, é hora de que empezemos a ter todos coches eléctricos, e se retiraran os coches de gasóleo. Tamén imporía se non se quitan os coches de gasóleo que como contaminan tanto, habería que mirar a cantidade de contaminación en este caso de fume. Ademais, nas grandes cidades eu faría que os propietarios pagaran dependendo de cantos KM recorreran e canto contamiñara o seu coche por kilómetro e así o diñeiro que se consiguira iría para facer cousas para o medioambiente.
Tamén faría un programa para os nenos nas escolas como unha clase de concienciación e plantexar deberes en familia como ir cos seus pais a recoller unha contidade de lixo, despois anotala como nunha ficha de rexistro e entregarlla aos profes para chegar á
clase e dicir todos en voz alta a cantidade de lixo que recolleu cada un.
Despois facer unha reflexións sobre se lles parece ben ou mal que a xente tire as cousas por aí.
Deste xeito, todos irian concienciándose, pais e fill@s e daríamos exemplo, ás xeneracións futuras.
LIDIA
Eu creo que a maioría
da xente trata mal ao planeta, porque tira o lixo ao chan, as colillas, os
plásticos, ata incluso algún neumático...e por culpa diso hai moitos animais en
perigo de extinción, por exemplo coma: os gorilas de montaña, os osos polares,
o tiburón branco, os elefantes, o rinoceronte branco, o atún roxo, o tigre de
Amoy, o leopardo de Arabia...
Estas son as medidas
que eu tomaría para poder salvar o noso planeta:
- Ir en transportes
individuais coma por exemplo a bicicleta.
- Non tirar nada ao
chan nin ao mar, porque se tiramos o lixo ao mar pois entón morrerán máis
animais, e se a botamos ao chan ao final vai acabar parando no mar.
- Plantar máis árbores
ou plantas nas cidades, porque non hai case ningunha e as plantas son moi
importantes para a nosa saúde, para a nosa respiración e para o planeta.
- Non deixar morrer as
plantas e coidalas moito día a día, porque se as deixamos morrer para despois
plantar máis iso non nos valería de nada.
- Tamén poderíamos
facer unha cousa moi importante para o noso planeta que é reciclar.
- Evitar gastar moita
auga se non e necesaria.
- Plantar árbores e
flores tamén no xardín da túa casa, non só nas cidades.
- Usar abono natural
nos nosos xardíns.
- Apagar as luces se
non as estás usando.
- Doar aos nenos que
non teñen que comer os tapóns das botellas.
- Intentar eliminar
todos os transportes que o combustible sexa gasóleo, debido a que é moito máis
contaminante que por exemplo a gasolina, e a poder ser con corrente.
- Hai fábricas que
contaminan moitísimo coma por exemplo a do carbón, pois habería que intentar
eliminar este e traballar con algo que non sexa contaminante.
- As bolsas de plástico
que se utilizan moito cando vas a comprar eliminalas totalmente e fabricar
unhas de cartón, ou ir á compra e levar a túa propia bolsa e, a ser posible que
non fora de plástico, porque a xente non acaba de concienciarse de que o
plástico destrúe totalmente o planeta.
- Mentalizar á xente
de que os abonos que utilice non sean perxudiciais para o medio ambiente, ou
simplemente deixar de fabricalos, porque para ter colleitas hai que abonar a
terra, pero sempre mirar como e con que.
- E por último á hora
de plantar os árbores mirar cales son os menos perxudiciais para o medio
ambiente.
Eu creo que se
colaboramos todos xuntos podemos salvar o noso planeta.
NURIA
Todos contaminamos os océanos.
A poboación aumentou moitísimo e iso fai que necesitemos moitos
recursos do
planeta para vivir e estamos gastando máis dos que a Terra pode
xerar.
Todos temos que contribuir á disminución da emisión dos gases con
efecto
invernadero.
Eu poñería en marcha as seguintes actividades para todo o mundo:
- Reciclar: latas, envases de plastico, papeis etc...
- Ducharse en vez de bañarse: non solo aforramos auga senon tamén
a enerxía para quentala.
- Apagar as luces cando non fagan falta.
- Cambiar lámpadas: utilizar so bombillas led ou de baixo consumo,
duran máis e consumen moito menos.
- Non deixar os electrodomésticos enchufados.
- Non poñer a calefación moi alta.
Deixar o automóvil particular: obligar a xente a desprazarse a pé
ou en bicicleta se os traxectos para ir o traballo ou a escola por exemplo son
inferiores a 3km.
- Cambiar todos os coches antigos por un novo menos contaminante.
- Intentar que todos os coches, autobuses, camións, etc sexan
eléctricos.
- Plantar moitos máis árbores: as árbores combaten a contaminación,
por exemplo 5 árbores ao longo da sua vida eliminan 1 tonelada de CO2.
- Cambiar os electrodomésticos antigos por unhos novos que consuman
menos.
- Utilizar placas solares en todas as vivendas e negocios para
gastar menos enerxía eléctrica.
- Obrigar ás empresas que contaminan moito a utilizar outras formas
de enerxía que contamine menos.
- Aumentar os parques eólicos para xerar máis.
- Acabar co consumo carbón e petróleo.
Se poñemos un pouco cada un de nós da nosa parte entre todos
conseguiremos cambiar a cousas e que a Madre Terra volva a recuperarse.
TOMAS
No planeta Terra está ocurrindo un grave cambio pola contaminacion da especie humana. Este problema actual non é inminente(de que todos vaiamos morrer mañá) pero
se nós non o paramos
agora, probablemente
os nosos descendendentes non
podan paralo por culpa da gravidade do asunto que non quixeron parar os seus antepasados. Un exemplo claro é condo vamos pasar o día enteiro á praia e chega a
hora da comida: abrimos a bolsa e atopámonos cun bocadillo envolto nun plástico
e por non ir á papeleira máis cercana, decidimos
tirala no mar e todo por comodidade. Pois esa comodiade que temos nós agora non a teñen os animais
mariños, xa que por cada
plástico no mar morre un peixe ou un crustáceo. Debido a que a contaminación
cada vez vai a máis, eu penso que debemos
tomar medidas drásticas para actuar ante este
grave problema no que nós estamos cómodos pero o resto de seres vivos como
son as plantas ou os peixes están incómodos por culpa do seu novo compañeiro: o
plástico.
Neste problema eu propoño unhas propostas que deberían cumplir todos os cidadáns do
planeta:
1.
Coidar os espazos naturais como son os océanos, os lagos, as montañas
ou os bosques. Moitas veces poda que non haxa un contenedor preto pero temos bolsillos onde gardar os plásticos e cando atopemos unha papeleira axeitada, metelo dentro ; un plástico que tiras ti, máis outro que tira o compañeiro e o plastiquiño que tiran varios miles de millóns de persoas que habitan na Terra acaban
formando grandes
masificacións de plásticos
no medio dos océanos.
2.
As 3r: reducir, reciclar e reutilizar. Esta é unha tarefa que podemos facer todos, quen non
ten un contenedor cerca por onde non pasa un camión de basura?
Por outra banda, podemos volver a reutilizar moitos materiais como: bolsas de plástico, recipientes de vidro para conservas,... Tamén podemos empregar o lixo para reciclar como estamos a facer no colexio nas clases de plástica. En canto a reducir debemos intentar consumir productos contaminantes o máximo posible como por exemplo, mercar productos que teñan a menor cantidade de plástico posible(mercar a granel).
Entre todos todos e todas podemos mellorar a situación da Terra.
XAQUÍN
Eu penso que ao noso planeta tratámolo moi mal porque
non somos responsables para mantelo san. Empezando polo que usamos nós
diariamente na nosa vida cotiá como os aerosoles, productos de limpeza, etc.
A atmósfera está sufrindo tamén por tanto gas
contaminante, de aí o efecto
invernadoiro, o aire que respiramos non é san por tanto
fume dos coches é fábricas, os ríos e mares están moi contaminados, hai máis
lixo nas súas augas que peixes, algúns deles envoltos en plástico e metidos en
botellas.
Se eu tivera poder, as medidas que tomaría serían as
seguintes:
- Poñer máis contenedores para os residuos con cámaras de
vixiancia e a persoa que tirara a basura ao chan, pois meteríalle a policía unha
multa de polo menos 2.000 euros, ademáis duns cantos meses limpando a cidade
onde vive.
-Obligar aos cidadáns a utilizar materiales
biodegradables.
-Reducir o consumo enerxético aproveitando a enerxía
solar e do vento, instalando paneis solares e muíños de vento nos arredores das
cidades para abastecelas de enerxía.
-Obrigaría tamén á poboación a axudar a limpar as súas
cidades ou pobos, os ríos e praias.
-As industrias terían que renovarse para non
contaminar.
-Poñer en todas as cidades e pobos máquinas para a
reciclaxe que a cambio den cartos ou vales desconto para as tendas da zona.
-Colocar nos desaugues que desmbocan nos ríos e rías
unhas redes que paren os residuos que van por eses conductos.
-Poñer máis zonas verdes con árbores nas cidades.
-Ter en todos os portos de mar unhas grandes láminas de
esponxa especiais por si pasa un barco e derrama algún tipo de residuo, botalas
na auga do mar e que abosorban o derramado.
-Poñer máis medios e horarios de transporte público
para ir a traballar e así os
cidadáns deixen o coche na casa.
-Celebrar a hora do planeta máis dunha vez ao ano para
que baixe a contaminación lumínica.
Eu penso que o noso planeta non pode seguir así moito tempo máis. Unha das principais razóns é o plástico. Din que hai illas de plástico.
Por outra banda tamén hai moita contaminación polos coches, as fábricas,... Deberían fabricar coches eléctricos e suprimir os de gasóleo.
Bueno pois ata aquí as reflexións dos nosos alumnos e alumnas maiores que participaron desta actividade.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA E FAGAMOS CASO A TODO O QUE NOS DIN.
COIDEMOS O NOSO PLANETA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.