martes, 14 de abril de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL 14 DE ABRIL DO 2020

Bo día meus pequechos, pequechas e familias!

Espero que disfrutasedes destes días e da compañía dos vosos :)

Sabedes que lle pasou a Lamberetas? Envioume un correo electrónico contándome que empachara comendo uns ovos de pascua... É un auténtico lambón! Non ten remedio!

Hoxe propóñovos traballar cuns monstruíños, moi semellantes ao monstruo de cores, lembrádesvos del? Deixovos aquí abaixo o link do conto do Monstruo de cores en versión coronavirus, xa veredes que chulo!

Escuela de Primer Ciclo de Educación Infantil de 0 a 3 años ...



A actividade titúlase "Alimentando Monstruos" (idea orixinal e debuxos de "Peteando que es gerundio"). Para isto necesitamos uns 6 botes, os que teñades á man, poden ser botes de plástico, vasos, etc. Na parte de arriba ímoslles poñer os monstruos coa boca aberta, podedes imprimilos ou debuxalos, segundo as vosas necesidades. O ideal é que os nenos e nenas colaboren nesta tarefa. Deixovos aquí a referencia para que a consultedes.


Ademais deberedes buscar diferentes obxectos pola casa, cousiñas pequenas rosas, azuis, laranxas, vermellas, letras, números, triángulos, etc. 

Estes son uns exemplos:

Dámoslles de comer a un monstruo letras e ao outro números.


Neste caso uns prefiren comer a cor rosa, verde, amarelo,...

Estes prefiren comer cadrados e círculos.

Estes ademais tamén comén rectángulos e triángulos.

E estes outros prefiren números pares ou impares.



Esta actividade permite adaptarse ao desenvolvemento de cada neno ou nena, independentemente da súa idade, podendo presentarllo en función do seu nivel madurativo.

No caso dos máis pequenos de 4º de EI traballaremos a diferenciación entre números e letras (e o recoñemento dalgúns deles), as diferentes cores, así como algunhas figuras xeométricas básicas (cadrado e círculo).

A nena e os nenos de 5º de EI poden traballar as diferentes figuras xeométricas, o recoñemento das grafías de números e letras nomeándoos ao tempo que as van clasificando e identificando de xeito oral algún nome que poda contelas (podemos escribírllelo nós a posteriori para que o vexan sobre o papel).

Os nenos e nenas de 6º de EI ao tempo que fan as diferentes clasificacións deberán ir lembrando nomes que conteñan esas letras e escribíndoos, así como facéndo sumas con algúns números que vaian reunindo e tamén clasificalos en pares e impares (isto témolo traballado pouco, pero teñen a referencia no círculo do monstruo ou se os debuxamos podemos poñerlles nós tamén esa referencia).

Cando rematamos cada unha desas clasificacións faremos unha actividade de conteo recontando todo o que hai dentro de cada bote (con isto podemos facer tamén algunha suma no caso dos maiores). 

Moito ánimo, quero ver os vosos monstruos!

Ademais, deixovos tamén por aquí unha proposta do voso compañeiro Efrén, que estivo traballando arreo e, entre outras cousas, fixo unha lámpada de lava! É moi relaxante observar como se move o seu contido. 
Animádesvos a facer a vosa?



Un bico!















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.