Para esta semana propoño un pequeno reto, gustaríame que
practicásedes calquera dos retos que subín as outras semanas ao
blogue, incluso algún novo que propoñades vós. Pode ser o voso
deporte favorito, xogo etc, iso si, ten que implicar movemento.
Ides tomar unha
fotografía de vós practicando dita actividade e enviarma ou ben por
Google Classroom (1º a 4º de primaria) ou ben por correo
electrónico (ampineiro25@gmail.com)
os de infantil, 5º e 6º.
Con todas as fotos
que reciba realizarei un vídeo que subirei o 28 de abril (Día da
Educación Física na rúa) que este ano celebraremos na nosas casas.
Ningún virus vai evitar que nos movamos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.