xoves, 2 de abril de 2020

Inglés. Xoves 2 de abril de 2020. EI, 2º, 6º e 1º.


Estamos xusto no medio e medio da semana, e realmente é preferible estar no medio da semana ca estar no medio de dous cocodrilos...

Non é así?

Comezamos!


Infant Education:
Estibemos mirando os dinosaurios a semana pasada, que vos parece que lle botemos un ollo ás partes do seu corpo?
Bótallo aquí: Dinosaurs Body Parts!

Despois podes facer algún dos seguintes puzzles:

T- Rex
Stegosaurus
Triceratops
Pterodactyl
Brontosaurus

Para continuar, podes facer a seguinte actividade! Atopa as parellas de dinosaurios, e di que parte do corpo son, a ver se te acordas!
Find the pair

A seguinte é moi difícil...tes que unir cada parte do corpo co son do seu nome! Listen to the sound of: dinosaurs body parts!



2nd grade:
Hoxe temos un video moi gracioso para vós!


Despois de velo, inventa tres combinacións de comida que resulten chistosas! Pregúntalles ós teus familiares (en inglés) se lles gusta, tal e como se fai no video. Podes tamén escribir a comida que inventaches nun papel e enviarmo ó correo!

Have fun!
Pasádeo ben!



6th grade:
Primeiro de tod, botádelle un ollo á presentación que engado a continuación. Nela explícase con detalle como se usa: a, an, some, any, much, many (como tedes no voso libro) e un extra: a lot of.
Quero engadir unha curta explicación sobre "a lot of". Pódese usar en lugar de "much" e "many", en calquera tipo de frases, non cambia o significado. Pero é importante usalo en frases afrimativas con nomes incontables, no que, segundo a norma xeral, se debera usar much, xa que esta non soa demasiado ben. Por exemplo, dicir: "I have a lot of water" soa moito mellor ca "I have much  water".  Tédelo explicadiño na presentación, pero por se non quedaba claro, fixen este pequeno inciso.

Imaxino que esto soa como demasiado, pero xa coñecedes máis da metade. Esta presentación serviranos para solventar dúbidas, se é que as tiñades e para extender un pouco o voso coñecemento. Ánimo! Presentation

En canto a actividade, hoxe centrarémonos en: much e many. Aquí queda o traballo a facer: much, many, a lot of
Por favor, non miredes á explicación do principio, é moi confusa. Para completala usade a presentación, ou preguntádeme a min.

Por se alguén quere revisar, engado todo o que estivemos a traballar sobre este tema ata agora.
countable or uncountable
a or an

Some/any video


Some or any practice
a/an/some/any
a, an, some, any

 


1st grade:
Hoxe imos a familiarizarnos coa expresión de capacidade: "can".
Para facelo, imos ver se podedes adiviñar que animal esta a falar!

Guess who!



Esto foi todo por hoxe compañeiros e compañeiras!
Deica mañá!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.