mércores, 29 de abril de 2020

NORMAS PARA A SAÍDA DE MENORES DE 14 ANOS


Condicións: 
  • Poderán saír menores de 14 anos acompañados dun adulto responsable, que se non é a ani, pai ou titor legar, debe levar unha autorización por escrito dos pais.
  • A persoa adulta é responsable de que os nen@s cumplan as condicións establecidas.
  • A saída á vía pública, será de 1 hora de duración como máximo. Esta saída terá que ser entre as 9:00 horas e as 21:00horas.
  • Non se pode exceder a distancia de 1 km do domicilio familiar; en zonas rurais e mantendo as mesmas noramas tamén se podo ir a zonas de bosque.
  • Como máximo cada persoa adulta responsable poderá ir acompañando a 3 nen@s.
  • Hai que manter unha distancia de alomenos 2 metros coas outras persoas coas que nos atopemos.
  • Hai que seguir as medidas de seguridade establecidas para a poboación xeral( recoméndase o uso de mascarillas, lavado ou desinfección frecuente de máns, non tocar obxectos que non sexan da nosa propiedade,...)
  • Poderán saís cos seus propios xoguetes pero non se pode ir a espazos recreativos como parques ou zonas de xogo comúns, nin a instalacións deportivas.
  • Os nen@s que vivan en centros residenciais ou de acollida, tamén poden acceder a esta autorización sempre e cando sigan as condicións establecidas.
  • Os nen@s en cuarentena domiciliaria por síntomas do COVID-19 ou por ter a sospeita de estar en contacto cunha persoa con síntomas ou positiva, non poderán facer uso desta autorización.
 Lembrade que a persoa adulta que acompañe aos nen@s será a responsable de que se cumplan as medidas na salida.
Ao voltar á casa, deben quitar a mascarilla sen tocar a frente, lavar as máns e desinfectar os xoguetes que levaron á rúa.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.