luns, 27 de abril de 2020

DÍA DA EF NA RÚA

Antes de que o COVID-19 obrigara a pechar escolas e que as nenas e nenos foran para as súas casas, o centro estaba anotado para participar nunha nova edición de "Educación Física na rúa" do día 28 de abril. Tíñamos preparadas diversas actividades para facer no exterior do cole, pero este ano non vai poder ser...
De todos modos, as nenas e nenos de Moeche non pensan permitir que ningún virus pare os seus pés! Polo que seguimos adiante coa proposta feita polo COLEF e seguiremos mantendo a celebración de dito día. Este curso toca Educación Física na rúa (pero desde as nosas casas).
Durante os pasados días o alumnado e profesorado do centro estivo a practicar moitos retos e actividades de movemento, así que deixaremos un vídeo sobre ditas prácticas!

TEMOS QUE ENCHER AS REDES CON ESTE VÍDEO E QUE SE VEXA QUE EN MOECHE NON NOS QUEDAMOS QUIETOS/AS. SEGUIMOS EN MOVEMENTO!!!

VÍDEO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.