Chegamos ao final da semana, hoxe é: VENRES 24 DE ABRIL DO 2020.
Hoxe propóñovos crear un rosco coas letras do abecedario, eu creei un que contén tanto as grafías en castelán coma en galego, para que así as aprendamos todas. Tedes que facer os circuliños con todas as letras, co material que teñades ou prefirades (papel, cartolina, goma eva,...) o que vós teñades á man. Eu na parte de atrás púxenlle un cartonciño. Sería interesante que os nenos e nenas de 5º e 6º escribisen eles e elas mesmas as letras e que os de 4º o intentasen ou as repasasen :)
Para facilitarvos a tarefa e no caso de que non podades facer esta fase da actividade deixovos tamén un rosco de letras de modelo, para imprimir, algo que non é imprescindible, porque o podemos facer á man tal e como vos dixen.
Feito isto, se tedes un spinner na casa, podedes facer algo semellante a unha ruleta, asegurando a súa base na mesa e facéndoo xirar, sinalando dalgún xeito un dos seus lados. Senón xogaremos seguindo a orde das letras (eu non teño o meu comigo, pero dá moito xogo).
Primeiro iremos recoñecendo as diferentes letras e logo vendo a adiviña que ten esa letra (que vos deixo máis abaixo en maiúsculas e minúsculas). Son todas sobre animais, nalgúns casos en castelán como vos indico. Ós máis pequechiños temos que botarlles unha man con algunhas letras, primeiro podemos comezar coas que contén o seu nome.
Primeiro leremos a adiviña, axudaranos ou farao o adulto. Logo tentaremos pensar de que se trata, contendo ou empezando pola letra que nos toca. Botarémoslles unha man facendo o son desa letra.
Logo tentaremos escribir o resultado. Son moitas adiviñas, asique sería bo repartilas en varios días.
Agardo que disfrutedes da actividade.
Lembrade que nos vindeiros días comezaremos a empregar Google Classroom, en vez este medio para traballar, polo que debedes seguir as intruccións que recibístedes na mensaxe de Abalar para rexistrarvos e no caso de ter algunha problemática, poñervos en contacto con nós. Grazas de antemán.
Unha aperta moi forte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.