Feliz día da Terra!
Hoxe é un día moi especial, debemos recordar que a Terra é fráxil, polo que a debemos coidar.
Como hoxe é un día para celebrar xuntos, trouxen actividades para todos!
Como hoxe é un día para celebrar xuntos, trouxen actividades para todos!
Espero que o pasedes ben con elas!
Comezaremos cun pequeno conto, sobre un paxaro e os seus problemas.
Robin, the bird
Robin, the bird
Tras ler este conto, que vos parece que poñamos a traballar a nosa creatividade?
Propóñovos facer "comedores" para paxaros, así asegurámonos que nos cantarán.
Estes exemplos son os máis sinxeliños que atopei, aquí os deixo! Vós podedes facer o que máis vos guste, non teñen que ser estes ;)
or
Put it in your garden or just out of the window with some dry food (bread crums, seeds, nuts...) and check on it often! The birds will come soon!
Have fun, and please, send me photos!!
No conto menciónanse as "3R": reduce/reducir, reuse/reutilizar, recycle/reciclar.
Para aqueles que non saibades de que vai todo isto, púxenvos aquí o seguinte video. Así poderedes comezar a aplicar as 3 normas!
Tamén podemos cantar e bailar esta canción sobre coidar o noso mundo!
Para aqueles estudantes que prefiran "outro tipo" de música, aquí deixo un rap moi especial!!
Foi creado por alumnos e alumnas de primaria, dunha escola de Irlanda. Eles fixeron algo para animas a outros a coidar o mundo, e ti? anímate!:
Eles fixeron algo para animas a outros a coidar o mundo, e ti? anímate!
Que vos parece crear os vosos propios paneis, con mensaxes que animen á xente a coidar o noso planeta? Podelo crear sobre o bo uso da enerxía e a auga, sobre a aplicación da regra das 3R, sobre ser coidadoso coa natureza que nos rodea...Deixo un exemplo abaixo:
Recordade enviarme fotos!
Esto é todo por hoxe, espero que o pasedes ben!! e recorda...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.