Chegamos ao martes, que vai tralo luns! E imos continuar empregando vasos, importante que sexan transparentes. Por outro lado, necesitamos tamén pompóns e no caso de que non teñades sirven, coletas, boliñas, tapóns ou calquera obxecto que teñades pequecho pola casa, seguro para os nenos e nenas e que podan meter varios dentro dos vasos.
Deste xeito imos seguir traballando a lóxica-matemática de xeito manipulativo.
En primeiro lugar, deixovos por aquí uns modelos que imos necesitar de vasiños cheos de peciñas de cores, deixovos dous modelos un xa coloreado e outro sen colorear (para aqueles que non tedes tinta de cor, que as cores que eu empreguei non coinciden coas que vós tedes ou para que sexan os propios nenos e nenas os que coloreen). Tamén inclúe números, para aqueles que consideredes necesario que os repasen, porque se lles está atrancando algún. Non é imprescindible que o imprimades, que os meus vasiños debuxeinos con rotulador.
Modelo vasiños en cor
Modelo vasiños en branco
Feito isto recortaremos e separaremos os vasiños e tamén os números, de ser o caso. E a continuación imos levar a cabo varias actividades:
Primeiro repartiremos os pompóns ou peciñas seguindo o modelo. Intentaremos contar: primeiro verde, segundo azul, terceiro,...
Tamén podemos poñerlles vasiños cheos e que busquen o modelo que se corresponde.
Escribimos o número de pompóns que ten cada vaso e ordenámolos (de menor a maior e de maior a menor).
Facemos sumas manipulativas, podemos darlles as grafías e que vaian enchendo os vasos ou ao contrario, darlles os vasos e que escriban eles as grafías.
E transcribimos a suma (non esquezades a data :) e o nome ).
E facemos o mesmo coas restas. Proporcionamos a resta escrita ou proporcionamos o primeiro e o segundo vaso cos datos.
Isto especialmente para os maiores, que xa o temos traballado na clase. O piquiño do signo para o número menor e a boca aberta e grande para o número maior. O mesmo, damos grafías e/ou damos pompóns.
Non podían faltar as series. De dous elementos para os máis pequeniños e aumentando en número de elementos conforme imos aumentando de idade :)
Logo tentamos transcribir a serie con rotu ou cera.
Neste caso ten 3 elementos a referencia. Podemos dar a referencia xa en pompóns ou en debuxo.
E ata aquí a actividade. Espero que a disfrutedes moito. Non coartedes a súa imaxinación e permitide que exploren, probablemente se lles ocorran outras opcións a eles mesmos e mesmas! Son uns e unhas artistas!
Un biquiño meus ratiños e ratiñas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.