André, Iria, Estrela, Noa e Carolina decidiron realizar unha viaxe en avión ata Italia. Inventaron, escribiron un guión e pensaron os sonidos que mellor se adaptaban a cada momento.
Con este podcast damos por finalizadas as tres viaxes que fixeron neste curso: á Lúa, Xapón e Italia.
Esperamos que vos guste!
http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
martes, 31 de maio de 2022
RADIO 23: VIAXE A ITALIA
domingo, 29 de maio de 2022
METEOMOECHE: ESPECIAL TREBOADAS!
Hai unhas semanas que recibimos unha proposta desde a administración de MeteoGalicia para facer unha pequena actividade sobre treboadas, xa que estamos nunha época do ano que adoitan suceder. Ademais de traballar sobre as mesmas na aula propuxemos ás familias que aportásedes fotos ao noso observatorio en relación á temática. Unha vez máis, obtivemos pola vosa parte unha resposta exemplar. Para que vexades toda a recompilación de fotografías, velaí vai un vídeo!!!
sábado, 28 de maio de 2022
SAÍDA PRAIA DE SANTA CRUZ
No segundo trimestre, o alumnado
de 1º a 4º de EP, recibiu no cole a visita da “Fundación Osíxeno” para
concienciar ao alumnado sobre a problemática ambiental, máis concretamente
sobre o lixo mariño, incidindo especialmente nos microplásticos.
Este xoves, 26 de maio, acudimos
ata a praia de Santa Cruz, en Oleiros, para poñernos mans á obra e, en pequenos
grupos, intentar facer unha limpeza da praia recollendo o lixo que alí había.
En 45 minutos fomos capaces de recoller 30 kg de lixo. Os monitores do CEIDA
axudáronnos nesta labor organizando a actividade e déronnos unha ficha para ir
contando e clasificando ese lixo. Atopamos, sobre todo, cabichas, plásticos,
teas, tapóns, botellas, máscaras, cordas, ladrillo, vidro…
Quedamos moi asombrados, pois a
simple vista a praia non parecía que estaba sucia, en cambio, atopamos moito
lixo en moi pouco tempo.
Gustaríanos concienciar e animar
a todos e todas a coidar do noso planeta.
Nós prometemos coidalo e aportar
o noso “gran de area”.
Pincha na foto para ver o vídeo!
mércores, 25 de maio de 2022
XINCANA LETRAS GALEGAS 2022
Hoxe no cole, o grupo de 3º-4º e 5º-6º, tivemos a oportunidade de realizar unha xincana acerca do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
En parellas ou grupos de tres, debiamos poñer en marcha o noso enxeno e resolver unha serie de probas relacionadas coa vida e obra deste autor.
Clicade no vídeo para ver as fotos!
luns, 23 de maio de 2022
MAIO EN METEOMOECHE!
Non paramos de recibir novas propostas no correo "meteomoeche@gmail.com" e iso encántanos!!!
Na próxima publicación teremos o especial de treboadas, pero mentres tanto seguimos desfrutando coas seguintes achegas:
A primeira fotógrafa de hoxe é Alba (6º de primaria), que nos fai chegar tres fotos que nos falan claramente de primavera!
sábado, 21 de maio de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Para celebrares o Día Das Letras Galegas 2022, dende o CEIP San Ramón propúxose a idea de deseñar e elaborar alfombras florales con motivos de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, e ao alumnado non lles puido gustar máis!
Deixaron voar a súa imaxinación e nos deixaron obras de arte como as que se poden ver a continuación no vídeo.
Ademáis, a elaboración das alfombras fíxose a modo concurso, e os máis pequerrechos levaron o premio á máis votada. Noraboa a todos!
venres, 20 de maio de 2022
DÍA DA ABELLA 2022
mércores, 18 de maio de 2022
FONDO LIBROS CURSO 2022-2023
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído)
- IMPORTANTE: Para a entrega das solicitudes poderase facer a través da sede electrónica da Xunta o de xeito presencial no propio centro pero sempre con CITA PREVIA.
- 881930329/30
- EXTRACTO RESUMO:
Documentación para a presentación
Solicitude segundo o Anexo I.
Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.
Comprobación de datos .
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.
DNI ou NIE da persoa solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación :
Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.
Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.
Consentimento para a comprobación de datos .
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente:
Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020.
CONCURSO CHISTÍN - FINALISTAS E GAÑADOR@S
QUERIDOS NENOS E NENAS, FAMILIAS E MESTRES E MESTRAS
Estou moi moi ledo polo que ben que o fichestes tod@s. Sodes uns cerebríns. MOI, MOI BEN
Este ano troxen unha morea de regalos para todos os que se esforzaron durante estas dúas semanas pasadas. Eran probas dífiiiiciles e superáchedelas estupendamente. Por iso tamén merecedes unha fermosa recompensa.
Para todos os participantes houbo " CHUCHES".
Para aqueles participantes que superáchedes máis da metade das probas houbo: "Chuches", lápices ou bolis de Chistín e unha pulseira megaflexible
Para os gañadores: "Chuches", " lápices ou bolis de Chistín", "Taza de Chistín" e un "libro de lectura".
GAÑADORES POR CATEGORÍAS:
INFANTIL: NOEL
NIVEL 1 : HÉCTOR
NIVEL 2: LAURA RODRÍGUEZ. Neste nivel tamén tiveron unha mención especial:
Carolina, Alba e Mara.
NORABOA A TODOS E TODAS.
ATA A PRÓXIMA AMIGUIÑ@S!!!
PROGRAMA D´TEC DO CIS TECNOLOXÍA E DESEÑO DA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Ao longo deste curso o alumnado de 5º e 6º de primaria traballamos en ciencias da natureza co Programa D´Tec, organizado polo CIS Tecnoloxía e deseño da axencia galega de innovación.
Foi un programa moi interesente que nos axudou a complementar as nosas clases de ciencia con historia dos materiais, materiais innovadores e as súas propiedades e aplicacións. Pero sobre todo, pasámolo moi ben aprendendo, creando e desenvolvenedo unha gran cantidade de experimentos que nos permiten entender mellor a ciencia e a súa importancia nas nosas vidas.
Xa no 1º trimestre realizamos unha visita ao CIS de Ferrol para ver materiais innovadores, moitos deles creados por científicos galegos. No 3º trimestre, o pasado día 10 de maio, volvemos convidados para participar de dous obradoiros: " Materiais innovadores" e " Somos deseñador@s espaciais"
Algunhas das cousas que aprendemos foron: creación de biomateriais como o bioplástico a partir de leite e vinagre, comprobamos que a pintura negra 100% non existe pero que xa se logrou unha do 99%, traballamos con cinta "Gecko", fixemos area hidrofóbica, plástico biodegradable PVA, investigamos sobre os polímeros e creamos unha pelota saltarina, etc....
Foi fantástico e esperamos que o vinderio curso nos volvan aceptar no proxecto.
O proxecto máis divertido que realizamos nas instalación do CIS de Ferrol foi a creación e deseño dun traxe para un astronauta que debía aterrar na lúa ou en Marte sen sufrir danos. Foi unha empresa difícil pero lográmolo ata en dúas ocasións cos pilotos Marijuana e Pepiño(dous magníficos ovos cocidos) que tras ser lanzados poloa ventá do 2º piso, aterraron en perfecto estado.
luns, 16 de maio de 2022
SESIÓN DE CONTACONTOS NO COLE
O pasado xoves, día 12 de maio, tivemos a sorte de poder contar coa visita de Benxamín, escritor e ilustrador.
De 1º a 4º de EP desfrutamos de dous contos ao aire libre. Quedamos abraiados co ben que narraba e os debuxos que facía ao tempo que contaba as historias. Mesmo algún de nós resultou ser o protagonista!
Pinchade para ver as fotos!
venres, 13 de maio de 2022
CONCURSO DE DEBUXO CON MOTIVO DO DÍA DAS ABELLAS- 20 DE MAIO
Con motivo da celebración no centro do Día Mundial das Abellas o vindeiro día 20 de maio, teremos no centro a presenza de Vanesa López Basanta, responsable do Proxecto Abellariza Apicultura que realizará unha charla divulgativa para todo o centro e tamén nos propón a participación nun concurso de debuxo.
O obxectivo da actividade é sensibilizar ao alumnado no respecto e coidado do medioambiente poñendo especial relevancia no importante papel que desempeñan as abellas no equilibrio natural.
Todos aqueles alumn@s que desexen participar no concurso, deberán traer ao centro o seu debuxo antes do día 20 de maio e entregarllo aos titor@s correspondentes.
A información sobre o concurso está neste enlace: CONCURSO DE DEBUXO
xoves, 12 de maio de 2022
PROBA Nº 10 PARA 13 DE MAIO
DERRADEIRA PROBA DO CONCURSO!!!
Aquí vos vai a 10ª proba familias. Pensade, pensade ben as respostas porque as preguntas que vos traio este ano son para xente intelixente.
INFANTIL:
Das unha patada a unha pelota e marcha varios metros pero volve directamente cara ti sen que ninguén cha devolva. Como é posible?
NIVEL 1:
Ten un cinco no medio
Por cincocentos comeza
por cincocentos remata.
A primeira das letras
e a primeira das cifras
o completa.
Pensarás e pensarás
e o nome dun rei xudeo
axiña atoparás.
NIVEL 2:
Marcos convidou a 7 amigos á súa casa. Cando lles ensina o salón, todos quedan mirando cara un cadro dun home. Marcos ao ver que os seus convidados están intentando saber quen é ese home, adiántase á pregunta deles e dilles:
- Non teño irmáns nin irmás, pero o pai deste home, é o fillo do meu pai.
Que relación hai entre Marcos e o home do retrato?
mércores, 11 de maio de 2022
ESTA SEMANA EN METEOMOECHE...
Temos novas fotos, isto é un non parar!!!
En primeiro lugar, lembrade que temos todavía aberto o tema das treboadas, que publicaremos a finais de mes. Pero mentres tanto, seguimos colgando fotos que nos achegan as familias.
Arricamos cos irmás Erin (3 anos) e Lía (1º primaria). Elas teñen unha gran sorte, pois estas son as vistas que teñen mentres cean... Desta maneira poden estudar moito as nubes. Este día parece que había estratocúmulos, non vos parece?
Seguide enviando propostas a "meteomoeche@gmail.com"
SOLUCIÓNS PROBA Nº 9 DE CHISTÍN
SOLUCIÓNS CHISTÍN Nº 9
INFANTIL: quédanlle 2 peras.
NORABOA A: Noa, Rodrigo, Mario, Erin, Martín, Noel, Uxue, Marcelo, Ander e Adrián.
NIVEL 1: O cabalos saiu mollado e nadando, claro.
NORABOA A: Lía, Julia, Teo, Héctor, Sergio, Uxío i Efrén.
NIVEL 2: Foron culpables os dous( Pedriño e Paulo)
NORABOA A: Iria, André, Estrela, Óscar, Carolina, Alba, Lara, Emilly, Laura R., María, Lola, Mara, Itziar i Enma.
BO DÍA CHICAS E CHICOS, O CONCURSO ESTÁ A PIQUES DE REMATAR.
ÁNIMO E A PENSAR
INFANTIL:
Teño 3 peras e quítasme 2. Cantas peras tes?
NIVEL 1 :
Un cabalo branco entrou no Mar Negro. Como saiu?
NIVEL 2:
Tres atracadores: Pedriño, Paulo e Rodolfo son sospeitos de atracar unha sucursal. No xuicio descobren que ou ben Rodolfo é inocente ou ben Paulo é culpable. Se Paulo é culpable, Rodolfo é inocente. Pedriño e Rodolfo nunca atracaron xuntos pero Pedriño nunca actúa en solitario.
Por tanto, se paulo é culpable, tamén o será Pedriño?
martes, 10 de maio de 2022
PROBA Nº 8 DE CHISTÍN
SOLUCIÓNS DA PROBA Nº 8
INFANTIL: A ESTRELA DE MAR
PARABÉNS A: Martín, Paula, Ander, Claris, Rodrigo, Uxue, Eric, Noel, Adrián, Noa, Marcelo, Mario, Gael e Antía.
NIVEL 1 : 11 COLES
PARABÉNS A: Oihane, Valeria e Héctor
NIVEL 2 : A COR DOS TEUS OLLOS
PARABÉNS A: Estrela, Laura R., Nuno, Óscar, Itziar, Carolina, Laura C., Alba, Anxo, María, Mara, Lara, Iria e Lola
Ánimo rapaces e rapazas que estamos chegando ao final do concurso.
ENTREGA PARA O MÉRCOLRAS 11 DE MAIO
Aquí vos vai a 8ª proba familias. Pensade, pensade ben as respostas porque as preguntas que vos traio este ano son para xente intelixente.
INFANTIL: Cal é a estrela que non ten luz?
NIVEL 1: Col, col e col, col e col e media, catro medias coles e tres coles e media. Cantas coles son?
NIVEL 2: Conduces un tren, no que montan 18 persoas. na seguinte parada baixan 5 pero suben outras 13. Ao chegar á seguinte estación, baixan 21 y suben outras 4. ¿De qué cor son os ollos do conductor?
luns, 9 de maio de 2022
VIAXE ATA XAPÓN
Aquí temos a segunda das tres viaxes ideadas polo alumnado de 3º e 4º. Desta volta queren sumerxirnos nunha viaxe en barco ata Xapón, dende que suben a bordo ata que son recibidos alí por un guía.
Esperamos que vos guste!
SOLUCIÓNS Á 7ª PROBA DE CHISTÍN
INFANTIL
SOLUCIÓN: 1 , 5 , 3 e 7
NORABOA A: Martín, Uxue, Karen, Noel, Marcelo, Noa, Mario, Ander, Adrián, Claris, Rodrigo, Paula, Antía, Gael, Lía, Erin.
NIVEL 1
SOLUCIÓN: Ten 8 fillos
PARABÉNS A: Adrián e Héctor.
NIVEL 2
SOLUCIÓN: Vai para a esquerda
PARABÉNS A: Nuno, Iria, Óscar, Itziar, María, Carolina, Mara, Estrela, Alba, Lola, Laura R., Lara e Emilly.
ENTREGA PARA O MARTES 10 DE MAIO
Aquí vos vai a 7ª proba familias. Pensade, pensade ben as respostas porque as preguntas que vos traio este ano son para xente intelixente.
PROBA INFANTIL:
nº 1 Nº 2 Nº 3 Nº4
PROBA NIVEL1:
MERCEDES TEN 7 FILLOS E CADA UN TEN UN IRMÁN. CANTOS FILLOS
TEN REALMENTE MERCEDES?
PROBA NIVEL 2:
OBSERVA BEN ESTE DEBUXO E INDICA CARA ONDE VAI O BUS(ESQUERDA OU DEREITA)?
|