mércores, 4 de maio de 2022

3º ACTIVIDADE DE CHISTÍN - PARA O DÍA 4 DE MAIO

SOLUCIÓNS 3ª PROBA

INFANTIL

PARABÉNS A: Martín, Adrián, Antía, Noa, Marcelo, Gael, Erin, Claris, Ander, Paula, Noel, Rodrigo, Uxue, Karen, Mario e Alexis.

 1º NIVEL

Solución: 3 animais( 1 vaca, 1 galiña e 1 porco)

PARABÉNS A: Héctor, Lía, Valeria, Adrián, Teo, Uxío, Sergio, Josué, Julia, Oihane, Efrén. 

3º NIVEL

Solución: Maruxa 

Imos explicalo un pouquiño:

Supoñamos que a Maruxa lle leva 1 minuto a ida e 1 minuto a volta.

 1 m + 1 m = 2 m 

A Rabiña lévalle 30 segundos(0,5m) a ida e 2m a volta

0,5 + 2 = 2,5 m

Polo tanto, lévalle máis tempo a Rabiña que non usou unha táctica moi eficiente.

 

PARABÉNS A: Lola, Anxo e María.


BOS DÍAS A TODOS E TODAS !!!

ENTREGA PARA O MÉRCORES 4 DE MAIO

Aquí vos vai a 3ª proba familias. Pensade, pensade ben as respostas porque as preguntas que vos traio este ano son para xente intelixente. 

PROBA INFANTIL:

A infantil voulle pedir a cada neno e nena que me traia debuxada unha bolboreta tamaño medio folio, e como non quero que se enrugue, debedes entregarlla á vosa mestra. 

Estou pensando en facer algo bonito cos de infantil!

 

PROBA NIVEL 1( PARA 1º, 2º E 3º PRIMARIA)

Cantos animais teño na miña granxa se che digo que todos son vacas menos dúas, todas son porcos menos dous e todos son galiñas menos dúas?


PROBA NIVEL 2( PARA 4º, 5º E 6º PRIMARIA)

CARREIRA DE TARTARUGAS:

Maruxa e Rabiña van facer unha carreira dende o río ata a árbore(ida e volta)

Maruxa vai ir á mesma velocidade todo o tempo, tanto na ida como na volta.

Rabiña, sen embargo, usará outra táctica. Á ida vai correr ao dobre de velocidade que Maruxa pero á volta irá á metada de velocidade.

Quen gañará a carreira? Explica a resposta.

ÁNIMO A TODOS E TODAS

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.