Non paramos de recibir novas propostas no correo "meteomoeche@gmail.com" e iso encántanos!!!
Na próxima publicación teremos o especial de treboadas, pero mentres tanto seguimos desfrutando coas seguintes achegas:
A primeira fotógrafa de hoxe é Alba (6º de primaria), que nos fai chegar tres fotos que nos falan claramente de primavera!
Tamén Alba envía esta fotografía titulada "Noite en Santa Cruz"
Outra Alba, neste caso a teacher, ofrécenos esta instantánea previa da treboada en Esmelle, Ferrol.
Xa había un par de publicacións nas cales non había arcos da vella, así que Carolina (4º primaria) púxose mans á obra para mandarnos unha moi chula!
As irmás Erin e Lía (infantil e 1º) xa son unhas habituais dos solpores desde Santa Mariña. Aínda que elas prefiren titular como "Nubes guapas"
Estrela (4º de primaria) quere aportar o seu gran de area ensinándonos como cae o señor Lorenzo tanto en Xuvia (Narón), como en Moeche.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.