xoves, 12 de maio de 2022

PROBA Nº 10 PARA 13 DE MAIO

 DERRADEIRA PROBA DO CONCURSO!!!

Aquí vos vai a 10ª proba familias. Pensade, pensade ben as respostas porque as preguntas que vos traio este ano son para xente intelixente. 


INFANTIL:

Das unha patada a unha pelota e marcha varios metros pero volve directamente cara ti sen que ninguén cha devolva. Como é posible?

 

NIVEL 1: 

Ten un cinco no medio

Por cincocentos comeza

por cincocentos remata.

A primeira das letras

e a primeira das cifras

o completa.

Pensarás e pensarás

e o nome dun rei xudeo 

axiña atoparás.


NIVEL 2:  

Marcos convidou a 7 amigos á súa casa. Cando lles ensina o salón, todos quedan mirando cara un cadro dun home. Marcos ao ver que os seus convidados están intentando saber quen é ese home, adiántase á pregunta deles e dilles:

- Non teño irmáns nin irmás, pero o pai deste home, é o fillo do meu pai.

Que relación hai entre Marcos e o home do retrato?



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.