mércores, 18 de maio de 2022

FONDO LIBROS CURSO 2022-2023

 

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). 

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído)

     
    IMPORTANTE: Para a entrega das solicitudes poderase facer a través da sede electrónica da Xunta o de xeito presencial no propio centro pero sempre con CITA PREVIA. 
    881930329/30 
     
    EXTRACTO RESUMO:

Documentación para a presentación

Solicitude segundo o Anexo I.

Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.

Comprobación de datos .

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.

DNI ou NIE da persoa solicitante.

DNI ou NIE da persoa representante.

Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación :

Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.

Consentimento para a comprobación de datos .

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente: 

Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020.

 

     

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.