Temos novas fotos, isto é un non parar!!!
En primeiro lugar, lembrade que temos todavía aberto o tema das treboadas, que publicaremos a finais de mes. Pero mentres tanto, seguimos colgando fotos que nos achegan as familias.
Arricamos cos irmás Erin (3 anos) e Lía (1º primaria). Elas teñen unha gran sorte, pois estas son as vistas que teñen mentres cean... Desta maneira poden estudar moito as nubes. Este día parece que había estratocúmulos, non vos parece?
O noso amigo Rodri (5 anos), tamén nos quere ensinar como se deita o Señor Sol desde a súa casa. Está claro que o día que tomou a foto foi un día destes que acabamos de pasar co anticiclón, pois está moi despexado!
A nosa alumna máis en forma dentro deste proxecto (Noa de 4º de primaria) quere achegarnos varias propostas. A primeira é este anoitecer desde a súa casa en Balocos. Moi pretiño se atopaba da noite nese momento.
Seguimos con Noa, que se atopa moi viaxeira ultimamente, e iso é unha gran sorte para ela e para nós, pois sempre nos deixa algún recordo como estas pedazo fotografías en Loiba. Polo que nos comentou por correo sabemos que está sentadiña no mellor banco do mundo!!!
Marcelo, de 3 anos, fainos chegar unha foto moi interesante...
Vemos nela como o ceo parece que é de cor laranxa. Parece maxia, pero ser é ciencia. Trátase do fenómeno de dispersión da luz. Cando a luz solar atravesa as capas da atmosfera, coas súas diferentes densidades, dóbrase e descomponse. No caso da foto vemos como o Sol estase a achegar ao horizonte, aí sucede que as lonxitudes de onda azuis e verde se dispersen e nós podamos ver só aqueles de tons laranxa e vermello.
Seguide enviando propostas a "meteomoeche@gmail.com"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.