mércores, 18 de maio de 2022

PROGRAMA D´TEC DO CIS TECNOLOXÍA E DESEÑO DA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

 Ao longo deste curso o alumnado de 5º e 6º de primaria traballamos en ciencias da natureza co Programa D´Tec, organizado polo CIS Tecnoloxía e deseño da axencia galega de innovación.

Foi un programa moi interesente que nos axudou a complementar as nosas clases de ciencia con historia dos materiais, materiais innovadores e as súas propiedades e aplicacións. Pero sobre todo, pasámolo moi ben aprendendo, creando e desenvolvenedo unha gran cantidade de experimentos que nos permiten entender mellor a ciencia e a súa importancia nas nosas vidas.

Xa no 1º trimestre realizamos unha visita ao CIS de Ferrol para ver materiais innovadores, moitos deles creados por científicos galegos. No 3º trimestre, o pasado día 10 de maio, volvemos convidados para participar de dous obradoiros: " Materiais innovadores" e " Somos deseñador@s espaciais"

Algunhas das cousas que aprendemos foron: creación de biomateriais como o bioplástico a partir de leite e vinagre, comprobamos que a pintura negra 100% non existe pero que xa se logrou unha do 99%, traballamos con cinta "Gecko",  fixemos area hidrofóbica, plástico biodegradable PVA, investigamos sobre os polímeros e creamos unha pelota saltarina, etc.... 

Foi fantástico e esperamos que o vinderio curso nos volvan aceptar no proxecto.

O proxecto máis divertido que realizamos nas instalación do CIS de Ferrol foi a creación e deseño dun traxe para un astronauta que debía aterrar na lúa ou en Marte sen sufrir danos. Foi unha empresa difícil pero lográmolo ata en dúas ocasións cos pilotos Marijuana e Pepiño(dous magníficos ovos cocidos) que tras ser lanzados poloa ventá do 2º piso, aterraron en perfecto estado. 

 

Fotos e vídeos 


 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.