mércores, 4 de maio de 2022

PROBA Nº 4 DE CHISTÍNS PARA 5 DE MAIO

SOLUCIÓNS Á 4ª PROBA

INFANTIL

Noraboa a: Alexis, Karen, Noel, Rodrigo, Paula, Ander, Antía, Erin, Adrián, Gael, Noa, Marcelo, Santiago, Mario, Martín, Eric e Uxue.

NIVEL 1 

Solución: tres gatos

Noraboa a: Héctor, Adrián, Estela, Asier, Efrén, Valeria, Lía, Nuno, Oihane, Sergio, Uxío, Julia, Teo e Josué. 

NIVEL 2

Solución: 1 vez

Noraboa a: María, Lara, Bruno, Nuno, Carolina, Alba, Iria, Enma, Emilly, Estela, Anxo, Laura R., Mara, André, Itziar, Oscar, Lola, e Laura C.


ENTREGA PARA O XOVES 5 DE MAIO

Aquí vos vai a 4ª proba familias. Pensade, pensade ben as respostas porque as preguntas que vos traio este ano son para xente intelixente. 

PROBA INFANTIL:

A infantil voulle pedir a cada neno e nena que me traia debuxada UN PAXARO tamaño medio folio, e como non quero que se enrugue, debedes entregarlla á vosa mestra. 

Estou pensando en facer algo bonito cos de infantil!

 

PROBA NIVEL 1( PARA 1º, 2º E 3º PRIMARIA)

Hai dous gatos diante dun gato, 2 gatos detrás dun gato e 1 gato no medio. Cantos gatos hai?


PROBA NIVEL 2( PARA 4º, 5º E 6º PRIMARIA)

Cantas veces podes restar 1 de 1000?

 

 ÁNIMO CHICOS E CHICAS, A PENSAR!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.