martes, 3 de maio de 2022

JUDO NA ESCOLA

Hoxe tivemos a sorte de contar cun gran profesional do Judo. Ricardo Trillo, cinturón branco-vermello e sexto dan de judo, participou co alumnado de primaria nunha xornada onde aprendemos un montón. Ensinounos desde técnicas básicas ata aspectos tan importantes como a disciplina e os hábitos posturais. Todo isto dándolle un toque de humor e incluso indicándonos moitos proverbios e nomes en xaponés, pois o judo é un deporte nipón. Por suposto, cómpre destacar a gran axuda que tivo do noso compañeiro Héctor, alumno de Ricardo, ao cal lle tocou hoxe estar un pouco tamén no rol de profe (o cal fixo moi ben).

Deixamos un vídeo que resume esta gran actividade, GRAZAS RICARDO!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.