SOLUCIÓNS AOS ACERTIXOS
INFANTIL:
PARABÉNS A: Noa, Erin, Marcelo, Adrián, Santiago, Gael, Rodrigo, Karen, Paula, Noel, Martín e Uxue.
1º NIVEL: POR RADIO
PARABÉNS A: Héctor, Uxío, Teo, Lía, Sergio, Valeria, Adrián, Efrén, Estela, Oihane e Abraham.
2º NIVEL: ISABEL
PARABÉNS A: Laura R., Carolina, Alba, Laura C., María, Nuno, Alberto, Anxo. Lola, Noa, Mara, Emilly, Itziar, Iria e Oscar.
ENTREGA PARA O LUNS 2 DE MAIO
Aquí vos vai a 1ª proba familias. Pensade, pensade ben as respostas porque as preguntas que vos traio este ano son para xente intelixente.
PROBA INFANTIL:
A infantil voulle pedir a cada neno e nena que me traia debuxada unha flor tamaño medio folio, e como non quero que se enrugue, debedes entregarlla á vosa mestra.
Estou pensando en facer algo bonito cos de infantil!
PROBA NIVEL 1( PARA 1º, 2º E 3º PRIMARIA)
Van polo ceo voando un avión e unha avioneta. Como se chaman os pilotos?............
PROBA NIVEL 2( PARA 4º, 5º E 6º PRIMARIA)
A avoa de Isabel ten 5 netas:
Lara, Lera, Lira, Lora e ............
Ao
igual que o ano pasado, debedes introducir nun anaco pequeno de papel a
vosa resposta na caixa correspondente ao voso nivel que estará situada
na entrada do colexio. Non esquezades poñer o voso nome.
Cada
día irei publicando no bloque os que acertastes. Xa sabedes que por
participar todos teredes un agasallo e haberá 3 premios para os
gañadores de cada categoría. Pero o máis importante é participar e
pasalo BEN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.