venres, 29 de abril de 2022

CONCURSO ADIVIÑAS DE CHISTÍN

Queridos nenos e nenas, queridas familias: un ano máis chegou Chistín ao colexio cun novo concurso. 

Este ano, o concurso será de ENXEÑO E INTELIXENCIA.                

HABERÁ 3 NIVELES DIFERENTES: 

Infantil

Nivel 1:para os cursos 1º, 2º e 3º

Nivel 2: para os cursos 4º, 5º e 6º

👀 PRESTADE ATENCIÓN

¿QUE TEDES QUE FACER?

1º Ler a pregunta con calma.

2º Intentar resolvela. Podedes pedir axuda na casa.

3º Escribir nun anaco pequeno a solución da adiviña e o teu nome 

4º Non esquezas poñer o teu nome.

5º Ao día seguinte, debes introducir na caixa correspondente ao teu nivel que hai na entrada do colexio o teu papeliño. Chistín revisará todos os días as vosas solucións.

IMPORTANTE: O concurso durará 15 días. Cada día haberá unha proba, un total de 10 probas. Sempre se deben resolver ao día seguinte da publicación no blogue. Non podemos introducir na caixa a solución atrasada doutra pregunta porque entón Chistín non a dará por boa.

ESTADE MOI ATENT@S QUE O PASAREMO BEN!!!

AHHHH ! HABERÁ PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES E TRES PREMIOS ESPECIAIS PARA OS GAÑADORES DE CADA NIVEL. En caso de empate, os gañadores serán escollidos por sorteo entre os acertantes.

   COMEZAMOS O LUNS 2  DE MAIO

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.