xoves, 28 de abril de 2022

MÁIS METEOMOECHE!!!

Imos a publicar unhas cantas fotos que temos pendentes no noso observatorio. Da mesma maneira, lembrarvos que podedes seguir enviando fotos das treboadas a "meteomoeche@gmail.com". Temos varias pero na próxima publicación introduciremos tódalas novidades!!!

As primeiras son dúas fermosas paisaxes de Noa Caneiro (4º primaria), tomadas no mesmo día a diferentes horas e en distintos lugares: Valdoviño e Cabanas. Vemos, como nestes días de primavera temos cambios moi radicais durante a mesma xornada!




Seguimos cunha habitual, a nosa teacher móstranos hoxe un fermoso arco da vella asomando sobre a Ría de Ferrol.



Outro arco da vella foi o que observou Paula (infantil) mentres estaba ceando. Chamoulle tanto a atención que decidiu fotografalo. Parece que nace xusto ao lago da súa casa!!!



De novo a teacher achéganos unha fervenza. Hoxe tocoulle visitar a de Naraío, moi preto de onde estamos, cal será a seguinte que nos traia???



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.