martes, 19 de abril de 2022

COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE EN METEOMOECHE!!!

 Arrincamos con ganas o noso observatorio con estas propostas:


Comezamos coa máis habitual por este post, Alba teacher que nos envía este fermoso solpor sobre a Ría de Arousa, concretamente en Bamio.


Este outro corresponde a lúa chea sobre o Río Umia, en Caldas.


Asemade nos trae unha visual sobre o Monte Lobeira, en Vilanova.


E por último podemos ver a Fervenza de Segade, en Caldas. Grazas Alba por tantas fotos, e tan chulas!!!



E hoxe imos a finalizar con dúas instantáneas de Antía (3 anos) e Héctor (3º primaria). Unha delas sería un bonito arco da vella, deses que tanta ilusión nos fai ver. A outra corresponde cun solpor moi bonito que tamén nos ofrece uns cúmulos son formas.. a ver quen se aventura a xogar a adiviñar!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.