Hoxe, no CEIP San Ramón, tivemos o privilexio de recibires a visita dunha escritora á que lle gardamos moito cariño, María Canosa.
Por grupos, comentou co alumnado o que lles suxerían os contos de "Unha fábrica de bicos" e "As pombas de Bastián". Tamén falou da importancia de ler e o que nos achega nas nosas vidas.
O grupo de 5º e 6º de primaria, fixéronlle un agasallo a María, e esta, leulles un adianto do seu último libro, no que lles dedica unhas palabras aos "históricos". Foi moi emotivo!
Deixámosvos aquí un vídeo resumo coas imaxes máis destacadas:
Por último, María Canosa colaborou na Radio 23 nunha entrevista realizada polos maiores que podedes escoitar aquí mesmo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.