Seguimos recollendo fotos para o especial de treboadas que publicaremos nuns días, pero mentres tanto imos abrindo boca con outras fotos que nos mandaron a "meteomoeche@gmail.com".
A primeira é das irmás Uxue (infantil) e Oihane (3º primaria) que tomaron unha fantástica fotografía dun arco da vella, deses que tanto nos gustan!!!
Outro arco da vella un pouco máis oculto é o que nos presenta Alexis, alumno de infantil.
E rematamos cunha das habituais desta sección, Noa (4º de primaria) que nos achega dous solpores impresionantes. O primeiro corresponde ao Mirador da Bailadora e o segundo foi captado desde o Porto de Mugardos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.