luns, 31 de maio de 2021

EDUCACIÓN ARTÍSTICA

 A pesar de que este ano foi especialmente difícil traballar na clase de plástica, conseguimos facer creacións moi divertidas e variadas. Por supusto, sen mesturar en ningún momento materiais nin traballos. 

Fixemos unha ampla morea de actividades: origami de animais, cadros de flores con material reciclado, cadros, cadros mosaicos de goma eva, cestas de flietro cosidas, cadros coa técnica de diamantes, cadro de moucho con abalorios para a biblioteca, cadros de costura a medio punto, cadros sobre cartón a punto de cruz, etc......

Pero que mellor que poder velo con fotos! Desexamos compartir o noso traballo con todos e todas e esperamos que vos guste moito.



FOTOS










sábado, 29 de maio de 2021

CHARLA SOBRE RESIDUOS

Durante a xornada de onte tivemos a oportunidade de contar na escola con Cristina, traballadora de Ecoembes, que acodeu á escola para falar sobre residuos. Esta actividade formaba parte do proxecto de Meteoescolas e nesta aprendemos moito sobre os residuos. Comprobamos que tiñamos a regra das 3R totalmente dominada e por iso centrámonos máis no uso dos diferentes colectores, pois hai determinadas cousas coas cales xorden dúbidas sobre onde depositalas.

Participaron na actividade o alumnado de 3º a 6º, por grupos estables.

Grazas Cris!!!











venres, 28 de maio de 2021

SEGUIMOS CON FOTOS PARA METEOMOECHE

Seguen a chegar fotografías das familias ao noso observatorio. Nesta ocasión temos unha de día e outra de noite. Comezamos coa proposta diurna, feita por Noa Martínez (3º primaria), que nos ensina unha forma dunha nube un tanto estrana, será que quere comer algo?


A continuación mostraremos dúas que nos chegan da familia de Paula (EI) e Carlos (6º primaria). Nesta semana existía a posibilidade de ver un eclipse total lunar (tamén chamado "lúa de sangue"), pero non nos tocaba a este lado do charco. Sen embargo, estes dous amigos quixeron mostrarnos que iluminada se vía a lúa desde a súa casa. A verdade é que é abraiante!




Todavía podedes seguir enviando fotos nesta recta final a "meteomoeche@gmail.com". Aproveitade para mandar curiosidades, nubes ou outros fenómenos que vos chamen a atención.

GRAZAS FAMILIAS!!!




RETOMAMOS A HORTA DO COLEXIO

Por fin nos atrevemo a montar de novo a horta do colexio. 

Nesta ocasión, armados como é debido(botas ou zapatóns, sacho, pá.,..) marcharmos cara a horta dispostos a realizar unha plantación con xeito.

Ben é certo que contamos coa axuda inestimable de Toñito do Concello de Moeche que ademais de remover a terra, tamén nos deu unhas instruccións sobre os plantíos.

Plantamos: acelgas, cenorias, pementos, tomates, fresas e coliflores. Agora realizaremos turnos para o seu coidado, rega, etc.. aínda que cremos que non sairán moitas herbas grazas á tea que lle puxemos.

Aproveitamos o compost que fixemos durante o curso pasado para aboar a terra.


Por suposto, esta actividade foi realizada conforme ao establecido no Protocolo Covid do centro. Os catro grupos estables do colexio baixaron por quendas a plantar.

FOTOS

mércores, 26 de maio de 2021

CADRO MOSAICO XELA ARIAS

Para complementar o traballo do Día das Letras Galegas, como todos os anos, elaboramos uns cadros mosaico da autora homenxeada deste ano coas fotos de todo o alumnado e profesorado do centro.

 Fixemos 3 cadros de Xela Arias. TODOS E TODAS REPRESENTAMOS A XELA ARIAS!!!

(Se querede ver as fotos dos rapaces e rapazas, podedes premer sobre as fotos).





martes, 25 de maio de 2021

AQUÍ TEDES O NOSO TRABALLO ARREDOR DE XELA E OS MAIOS!

 Neste vídeo que vos presentamos queremos compartir con vós o traballo que os nenos e nenas realizaron coa axuda das súas familias para conmemorar a festividade dos maios e das letras galegas, que este ano lle dedicamos a Xela Arias. 

Poderedes ver a súa capacidade de deseño e a súa imaxinación nas imaxes resultantes dos seus maios, moitos deles relacionados coas letras galegas, así como tamén algunhas mostras daquilo que fixeron no cole sobre esta mesma temática. 

Agardamos que vos guste :)



SEGUIMOS SEN PARAR COA ROBÓTICA!

 Aquí podedes ver como os maiores do cole traballan afanados en resolver diferentes retos cos MBots que eles e elas mesmas montaron, así como aos pequenos, que tamén se están iniciando na súa andadora con este robot.  Agudizan o inxenio, exprimen a súa creatividade, desenvolven o pensamento lóxico matemático, a súa concentración e sobre todo, é un estímulo para eles nestes tempos de pandemia que nos tocou vivir. Chega con ver como están motivados con estas actividades que senten coma un xogo, pero a través das que tanto poden aprender. 












venres, 21 de maio de 2021

AXUDAS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL


LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS CURSOS 2021-2022


Nos enlaces inferiores podedes consultar as listaxes provisionais do fondo libros e listaxe das solicitudes de vales de libros de texto e material para o vindeiro curso 2021-2022.

Calquera reclamación debe facerse os días 5 e 6 de xullo a través do correo electrónico do centro:

ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es 


LISTAXE PROVISIONAL FONDO LIBROS

LISTAXE DE VALES DE LIBROS E MATERIAL



Enlace á información. Orde do 6 de maio de 2021

ANEXO I 

ANEXO II 

Dada a situación na que nos atopamos aínda, as solicitudes presentaranse preferiblemente a través do correo electrónico do centro:

ceip.sanramon.moeche@edu.xunta.es

Tamén se poden presentar por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática "fondolibros"

Aquelas familias que teñan que entregar as solicitudes en papel no centro, deberán facelo solicitando CITA PREVIA.

PRAZO  presentación solicitudes dende o 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.

- Publicación das listaxes provisionais ata o 9/7/21.

- Publicación listaxes definitivas 20/7/20. 

*Lembrade que nos cursos de 5º e 6º de primaria, non haberá libros de texto por estar no Proxecto E- Dixgal. Pero sí poderán solicitar a axuda de material.
 
 
 

ENTREGA DE PREMIOS - CONCURSO ADIVIÑAS CHISTÍN

POR FIN CHEGARON OS PREMIOS

¡TODOS OS PARTICIPANTES RECIBIRON ALGÚN AGASALLO!

GAÑADOR@S: 

Alberto 5º

Carlos 6º

Lara 5º

Laura R 6º

Estes son agasallos para cada un dos gañadores e gañadoras

 

 

 

 

 

 

 

 

 MENCIÓN ESPECIAL: 

Karen infantil

ALUMNADO DE ALTA PARTICIPACIÓN

Estes son os agasallos


 

O resto do alumnado participante recibiu o libro dos Bolechas.

Se queredes ver máis fotos, premede no enlace

FOTOS


ATA O PRÓXIMO CURSO!!!!

 

 

 

MÁÑÁ - ENTREGA DE PREMIOS

TODOS OS QUE ADIVIÑÁCHEDES ALGUNHA ADIVIÑA, TEREDES PREMIO!!!

NORABOA

GAÑADOR@S:

LAURA R., CARLOS, LARA E ALBERTO

Mención especial: KAREN 

Alta participación no concurso:

ANDER, MARTÍN, RODRIGO, UXUE, ASIER, PAULA, NOEL, VALERIA, JULIA, ADRIÁN M., SERGIO,ABRAHAM, HÉCTOR, JOSUÉ, OIHANE, MARÍA, ALEX, ENMA, NOA M., IRIA, CAROLINA, NUNO 4º, ZELTIA, MARA, AINOA, XAQUÍN, LAURA C., ERIKA, ALBA E EMILLY. 

 

 

Queridos nenos e nenas

estou moi ledo e orgulloso

da alta participación no concurso.

 



 

 

 

 

ÚLTIMA ADIVIÑA DO CONCURS

 

 

15º ADIVIÑA👀          día 19 de maio

 

SE ME TES, 

DESEXAS COMPARTIRME

PERO SE ME COMPARTES,

XA NON ME TES.

ADIVIÑAS QUE É?

 

 

 SOLUCIÓN: O SEGREDO

 

 

 

 

 14º ADIVIÑA👀          día 18 de maio

 

Ponme de lado e son todo,

córtame pola metada e non son nada.

Que son?


 SOLUCIÓN:  8


 NORABOA A:

ANDER, MARTÍN, KAREN, RODRIGO, UXUE, ASIER, PAULA, NOEL E TEO - INFANTIL 

VALERIA, OIHANE, CANDELA, ADRIÁN, JULIA, SERGIO, ABRAHAM, HÉCTOR E JOSUÉ - 1º E 2º

LOLA, MARÍA, ALEX, ENMA, NOA M., IRIA, CAROLINA, NOA C. - 3º E 4º

MARA, CARLOS, LARA, LAURA R., ZELTIA, AINOA, LAURA C., ALBERTO, ERIKA, ALBA, EMILLY E ANTÓN - 5º E 6º





 13º ADIVIÑA👀          día 14 de maio

(Esta adiviña debe entregarse o martes 18 de maio

Por certo: quedan só dúas máis, ...)

 

Adiviña, adiviñanza,

quen sabe respostar

en calquer idioma

sen ter que se esforzar? 

 

 SOLUCIÓN: O ECO

 


 NORABOA A:

ANDER, KAREN, RODRIGO E TEO - INFANTIL

VALERIA, JULIA, SEGIO, ABRAHAM, HÉCTOR E JOSUÉ - 1º E 2º 

NOA M., CAROLINA E NUNO - 3º E 4º

MARA, CARLOS, LARA, LAURA R., AINOA, ALBERTO, ERIKA, ALBA E EMILLY - 5º E 6º

 

 

 

 

 

 

 12º ADIVIÑA👀          día 13 de maio

 

Arriba, arriba, sube

aínda que non pode medrar.

Raíces non ten,

máis alta que unha árbore é.


 

 

 SOLUCIÓN: AS MONTAÑAS

NORABOA A:

ALBA, ANDER, KAREN, RODRIGO, UXUE, ASIER, PAULA, NOEL E TEO - INFANTIL

ANXO, VALERIA, OIHANE, NUNO, JULIA, SERGIO, ABRAHAM, HÉCTOR E JOSUÉ - 1º E 2º

LOLA, MARÍA, ALEX, ITZIAR, IRIA, CAROLINA, GABRIEL, NOA C., OSCAR - 3º E 4º

MARA, CARLOS, LARA, LAURA R., AINOA, XAQUÍN, ADRIÁN, ALBERTO, ERIKA, ALBA, EMILLY, LIDIA E ANTÓN - 5º E 6º


 11º ADIVIÑA👀          día 12 de maio

 

Todas as cousas devora,

aves, bestas e flora.

O ferro corroe,  o aceiro perfora,

ata as rochas máis duras tritura.


 SOLUCIÓN:  O PASO DO TEMPO


PARABÉNS A:

ANDER, KAREN, RODRIGO, UXUE, ASIER, PAULA E NOEL - INFANTIL 

VALERIA, OIHANE, JULIA, SERGIO, ABRAHAM, HÉCTOR E JOSUÉ - 1º E 2º

MARÍA, ITZIAR, ENMA, NOA M., IRIA, CAROLINA, OSCAR - 3º E 4º 

MARA, CARLOS, LARA, LAURA R., AINOA, XAQUÍN, LAURA C., ALBERTO, ERIKA, ALBA E EMILLY - 5º E 6º


 

 

 

 10º ADIVIÑA👀          día 11 de maio

 

No teu corpo estou

pequerrechiña son

pero poido medrar

para poder ben mirar.

 


    SOLUCIÓN:    AS PUPILAS


PARABÉNS A:

ANDER, MARTÍN, KAREN, RODRIGO, UXUE, ASIER, TEO E NOEL - INFANTIL. 

VALERIA, OIHANE, CANDELA, ADRIÁN, JULIA, SERGIO, ABRAHAM, HÉCTOR E JOSUÉ - 1º E 2º

LOLA, MARÍA, ALES, NOA M., IRIA, CAROLINA E NUNO - 3º E 4º

MARA, CARLOS, LARA, LAURA R., AINOA, LAURA C., ADRIÁN, ALBERTO, ERIKA, ALBA, EMILLY E ANTÓN - 5º E 6º 

 

 9º ADIVIÑA👀          día 10 de maio

 

Cen damas no camiño

non fan ruido nin remuíño.

 

    SOLUCIÓN:    AS FORMIGAS

 PARABÉNS A:

ANDER, MARTÍN, KAREN, RODRIGO, UXUE, ASIER, PAULA, TEO E NOEL - INFANTIL

OIHANE, JULIA, SERGIO, ABRAHAM, HÉCTOR E JOSUÉ - 1º E 2º

MARÍA, ALEX, ENMA, NOA M., IRIA, CAROLINA, NUNO E OSCAR - 3º E 4º 

MARA, CARLOS, LARA, LAURA R., ZELTIA, AINOA, XAQUÍN, LAURA C., ALBERTO, ERIKA, ALBA, EMILLY, LIDIA E ANTÓN - 5º E 6º

 

 8º ADIVIÑA👀          día 7 de maio

 

Catro irmáns xemelgas

dan mil voltas paralelas.

Xiran, xiran, sempre danzan,

mais xamais se alcanzan.

 

   SOLUCIÓN:    AS ASPAS DO MUÍÑO


PARABÉNS A:

ANDER, MARTÍN, KAREN, RODRIGO, UXUE, ASIER, PAULA E NOEL- INFANTIL


VALERIA, OIHANE, ADRIÁN, JULIA, SERGIO, ABRAHAM, HÉCTOR E JOSUÉ-1º E 2º

MARÍA, ALEX, ENMA, NOA M., IRIA, CAROLINA E NUNO - 3º E 4º 

MARA, CARLOS, LARA, LAURA R., ZELTIA, AINOA, XAQUÍN, LAURA C., ADRIÁN, ALBERTO, ERIKA, ALBA, EMILLY E LIDIA - 5º E 6º


 

 

Ánimo chicos e chicas que chegamos ao ecuador do concurso.


7º ADIVIÑA👀          día 6 de maio

 

Doce señoras,

todas con medias 

e sen zapatos

De quen falamos?

 

 

   SOLUCIÓN:    AS HORAS

 

 

 

 6º ADIVIÑA👀          día 5 de maio

 

Igrexa pequena,

sancristán rebulidor 

e os santiños que ten diante,

todos son da mesma color.

 

 

  SOLUCIÓN:    A BOCA, A LINGUA E OS DENTES

 

PARABÉNS A:

KAREN, RODRIGO, ASIER, PAULA, LÍA E NOEL- INFANTIL

VALERIA, ABRAHAM E JOSUÉ - 1º E 2º 

MARÍA, ALEX, ITZIAR, NOA M., IRIA, CAROLINA E NUNO - 3º E 4º

MARA, CARLOS, LARA, LAURA R., ZELTIA, LAURA C., ALBERTO, ERIKA, ALBA E EMILLY - 5º E 6º 

 

 

5º ADIVIÑA👀           día 4 de maio

 

Miña nai é tartarexa, 

meu pai é cantador,

teño branco o meu vestido 

e amarelo o corazón


 SOLUCIÓN:    O OVO


LEMBRADE: todas as solucións deben vir co nome, do contrario considerarase como non válida. 

NORABOA A:

MARTÍN, KAREN, MARIO, RODRIGO, UXUE, ASIER, PAULA, NOEL E TEO - INFANTIL 

VALERIA, OIHANE, CANDELA, NUNO, ADRIÁN, JULIA, SERGIO, ABRAHAM, HÉCTOR E JOSUÉ - 1º E 2º

LOLA, MARÍA, ALEX, ITZIAR, ENMA, NOA M., IRIA, ESTRELA, CAROLINA, NUNO, GABRIEL E NOA C. - 3º E 4º

MARA, CARLOS, LARA, LAURA R., ZELTIA, AINOA, XAQUÍN, LAURA C., ALBERTO, ALBA, EMILLY, LIDIA E ANTÓN - 5º E 6º

 

4 º ADIVIÑA👀           día 3 de maio 


Unha velliña engorrumillada cun tranco no cu e sen unha puntada.



  SOLUCIÓN:    A UVA PASA CO RABO




 PARABÉNS A:

MARTÍN, KAREN, MARIO, NIKO, UXUE, ASIER, PAULA E NOEL - INFANTIL

ANXO, OIHANE, ADRIÁN, JULIA, SERGIO, ABRAHAM, E JOSUÉ - 1º E 2º 

LOLA, MARÍA, ALEX, ITZIAR, ENMA, NOA M., 

 CAROLINA, NUNO E BRUNO - 3º E 4º 

MARA, CARLOS, LARA, LARA R., ZELTIA, AINOA, XAQUÍN, LAURA C., ALBERTO, EMILLY E ANTÓN - 5º E 6º

 

3º ADIVIÑA👀           día 30 de abril 

Estou pensando, pensando; de pensar vólvome tola. Coa sogra da muller de meu irmán, ¿que parentesco me toca?

NORABOA A:

Karen, Martín, Mario, Rodrigo, Uxue, Asier, Paula e Noel - INFANTIL

Oihane, Candela, Nuno, Adrián, Julia, Sergio, Abraham, Héctor e Josué - 1º e 2º

Lola, María, Alex, Itziar, Enma, Noa M., Iria, Carolina, Nuno e Gabriel - 3º e 4º

Mara, Carlos, Lara, Laura R., Zeltia, Ainoa, Cristian, Xaquín, Laura C., Adrián, Alberto, Erika, Alba, Emilly e Lidia - 5º e 6º

 

  2º ADIVIÑA👀           día 29 de abril        


Comigo vai unha amiguiña
que imita todos os meus actos
só me deixa pola noite
pois sen luz non sae tanto.

  SOLUCIÓN: A SOMBRA

 

 PARABÉNS A:

Martín, Karen, Mario, Niko, Uxue, Rodrigo, Asier e Paula - INFANTIL

Valeria, Oihane, Candela, Nuno, Adrián, Iván, Julia, Sergio, Abraham, Héctor e Josué - 1º e 2º 

María, Alex, Itziar, Noa M., Iria, Estrela, Carolina e André - 3º e 4º 

Mara, Carlos, Lara, Laura R., Zeltia, Ainoa, Cristian, Xaquín, Laura C., Alberto, Erika, Alba, Lidia e Antón- 5º e 6º

 

 1º ADIVIÑA👀           día 28 de abril                                    

Cun velo de tul
e cun pedaciño de pan    SOLUCIÓN: TULIPÁN

formaremos unha flor

Sabes dicirme ti cal?

Noraboa a:

Martín, karen e Mario - INFANTIL

Valeria, Oihane, candela, Nuno, Adrián, Iván, Julia, Sergio, Abraham e Iván. - 1º e 2º

Lola, María, Alex, Itziar, Enma, Noa M. e Iria - 3º e 4º

Mara, Carlos, Lara, Laura R, Zeltia, Ainoa, Cristian, Xaquín, Laura C., Adrián, Alberto, Erika e Alba. 5º e 6º

Lembrade que tedes que escribir nun papeliño pequeno a solución co voso nome e introducilo na caixa que hai na entrada do colexio.

MOITO ÁNIMO!!!