mércores, 31 de maio de 2023

RESUMO DE MAIO EN METEOMOECHE!

Aquí temos as fotos que chegaron no mes de maio para o noso observatorio. Podedes seguir mandando fotos que entrarán nunha última publicación que pechará este curso escolar. Animádevos que seguro que esta última parte da primavera nos ofrece un espectáculo digno de fotografar!


Comezamos cunha madrugadora Estrela (5º primaria) que nos envía unha foto que saca ela mesma ás 6:49 horas da mañá. Estamos na época do ano no que máis luz solar temos.


A continuación Iria (5º primaria) ofrécenos dúas instantáneas onde nos quere facer pensar. Seríades capaces de indicarnos cal é o lugar onde toma a preciosa paisaxe da seguinte foto? E, por outra banda, tamén podemos xogar a adiviñar a que semellan as nubes da segunda foto.



Moitas veces, nesta época do ano, son frecuentes as treboadas. Estas, veñen precedidas por unhas nubes moito máis escuras que significa que veñen cargadas de auga. A nosa amiga Julia foi quen coller os instantes previos a unha treboada ocorrida en San Ramón días atrás. Que vos parece o contraste de cor das nubes?



martes, 30 de maio de 2023

CARREIRA SOLIDARIA "LA VUELTA AL COLE"

Xa hai uns días que celebramos no cole unha carreira solidaria para sumar o noso gran de area para a loita contra a leucemia infantil. A comunidade educativa mostrou, unha vez máis, a súa versión máis solidaria para colaborar cunha boa causa. Nesta ocasión participamos na iniciativa de "La vuelta al cole", onde a través dunha carreira dentro do centro educativo na que participamos profes, alumnos/as e familias puidemos realizar unha doazón de 482,15€ para loitar contra esta enfermidade e conseguir o obxectivo e lema desta campaña "que 10 de cada 10 niños/as se curen".

GRAZAS!



luns, 29 de maio de 2023

XORNADA ESPECIAL!



Hoxe foi un bo día. Vivimos na biblioteca un gran contacontos que nos ofreceron as nenas e nenos de 1º e 2º sobre o conto "No pasa nada ". Asier e Alba foron os encargados de narran a historia que o resto interpretaba con diferentes personaxes. Fixeron entender a todo o alumnado coa súa gran interpretación que non pasa nada se somos baixos, altos, grandes, pequenos, tranquilas ou non, de que cor sexamos, que nos guste ou que tipo de familia teñamos. 

Por outro lado tivemos a gran sorte de contar como espectador a Tonecho, un antigo profe do cole que seguro as nais e pais dos peques coñecen. El encargouse de responder as múltiples preguntas que saían da rapazada, desde como era o cole ata saber se conviviu con dinosauros!!!

Por suposto, Tonecho pasou polos micros da Radio 23 para contarnos como foron os inicios na emisora que el mesmo creou coa axuda de profes e rapaces da súa etapa en Moeche. Moitísimas grazas por vir e pasar un rato coa cativada!!! Podes escoitalo no seguinte podcast e ver as fotos da xornada!












domingo, 28 de maio de 2023

Obradoiro escrita creativa

O pasado xoves, contamos coa visita de Pablo Otero e o seu obradoiro de escrita creativa chamado “Abrapalabra”. 

O alumnado de 3º a 6º tivo a oportunidade de desenvolver xeitos da escrita e expresión creativa con exercicios diversos. Neles, puideron explorar os Ideogramas de palabras tiradas do dicionario, o Nonsense, a poética visual ou, o microrrelato.

O alumnado demostrounos a súa grande imaxinación e creatividade!














venres, 26 de maio de 2023

ACERTIXO Nº 10 - LUNS 29 DE MAIO

 ACERTIXO Nº 10 - LUNS 29 DE MAIO

SOLUCIÓNS ACERTIXO Nº 10

INFANTIL: o xoves

PARABÉNS A: ADRIÁN, MARTÍN, NOA, ISABELLA, BRIANA, PAULA, KAREN, UXÍO, MARIO, ANTÍA, NOEL E ERIN.

 

NIVEL 1 : 20 veces

9 = 1
19 = 1
29 = 1
39 = 1
49 = 1
59 = 1
69 = 1
79 = 1
89 = 1
90 = 1
91 = 1
92 = 1
93 = 1
94 = 1
95 = 1
96 = 1
97 = 1
98 = 1
99 = 2 

PARABÉNS A: UXÍO, ABRAHAM, JULIA E JOSUÉ.

 

NIVEL 2: D e I 

PARABÉNS A: OIHANE, ANXO, TIZIAR, MARÍA, CAROLINA E HÉCTOR. 

 

 

 

Ola familias, xa queda a derradeira proba porque rematamos o 

uns con estes acertixos.

INFANTIL: como se chama o nome do 4º día da semana: mércores con til ou mércores sen til? 

 

NIVEL 1: Xaquín, o pintor, ten un traballo que consiste en pintar os números  das 100 habitacións dun hotel. Cantas veces deberá pintar o nº 9?

 

NIVEL 2:  Identifica os dous debuxos que son iguais. (Ten en conta que se poden mover de posición).


 

 

xoves, 25 de maio de 2023

REGALOS DOS COLES DE BARQUEIRA E SOMOZAS!

A visita dos CEIP da contorna do pasado martes, ademais de ser unha gran xornada, foi un día de regalos. Nós, agasallamos a ambos centros coa nosa querida e famosa mascota Modestina. Pola súa parte, CEIP A Barqueira e CEIP O Marbán tiveron un gran detalle co noso cole: dúas árbores. 

Un olivo e un limoeiro que quedarán por sempre no noso xardín, pero sobre todo no noso corazón. Hoxe plantámolos e coidarémolos ao máximo para que poidamos ver os tres centros xuntos en futuras convivencias como van medrando. Mil grazas compis!!! Sodes xeniais!!!





 

PIM PAM EXPERIMENTA!

Pim Pam experimenta é un novo programa que sairá cara o verán na TVG, e ao cal fomos convidados, xunto cos amigos/as do CEIP ELADIA MARIÑO de Cabanas. Trátase dun concurso onde se mesturan varias probas en relación a unha temática, no noso caso tocou o cerebro. As probas eran tanto preguntas como xogos de habilidades onde tiñamos que poñer a proba a noso cerebro. Pasámolo xenial!!! 

Informaremos cando vaian saír na televisión e así poidades ver como lles foi aos nosos participantes Bruno, Carolina, Nuno, María e Anxo co seu pedazo de público modestino.

Por agora non vos podemos contar nada máis...




MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 26/5

 O menú para o día de mañá, venres 26 de maio quedará do seguinte xeito:

1º PRATO: Sopa de estreliñas e verduras.

2º PRATO: Filete de polo con arroz en branco.

SOBREMESA: Macedonia de froitas frescas.

Desculpade as molestias.

ACERTIXO Nº9 - VENRES 26 DE MAIO

SOLUCIÓNS ACERTIXO Nº 9

INFANTIL: o reloxo

PARABÉNS: BRIANA, MARTÍN, MARIO, NOEL, ANTÍA, ERIN, ISABELLA, KAREN, UXUE, PAULA, NOA E ADRIÁN

NIVEL 1: podían verse duos cans, un hombe, paxaros, balea, golfiño, ....

PARABÉNS: ANDER, ÁLVARO, ASIER, JOSUÉ, UXÍO, JULIA, MARTÍN, SERGIO, LÍA, ABRAHAM, ADRIÁN, ESTELA, VALERIA ALEXIS

NIVEL 2: 3 camisas (unha de cada tipo) e 4 cans

PARABÉNS: OIHANE, CAROLINA, MARÍA, LOLA E HÉCTOR.

 

 

 ACERTIXO Nº 9 - VENRES 26 DE MAIO

 

INFANTIL: teño agullas e non sei coser, teño números e non sei ler. Quen son?


NIVEL 1: Mira ben esta imaxe e descubre os animais que hai nela. Cales ves?



NIVEL 2: 

María e Xulio atópanse á saída do colexio. María dille a Xulio:

- Que camiseta tan fermosa levas, Xulio!

- Pois mira - responde el- todas as camisetas que teño son brancas menos dúas; todas son azuis menos dúas e todas teñen debuxos menos dúas. A ver se acertas cantas camisetas teño de cada tipo?

- Pois debes ter,... Buf! Moi ben, escoita a ver se adiviñas ti cantos cans teño na miña casa. Mira, nun cuarto cadrado teño un en cada esquina, cada can ten outro a cada costado, e cada un deles ten outro diante, Cantos cans teño?

- Menuda, María! Isto aínda é maís difícil que o problema das camisetas. 


A ver se sabedes cantas camisetas ten Xulio e cantos cans ten María.



 

 

LISTAXE ALUMNADO ADMITIDO NO CENTRO PARA O CURSO 2023-2024

Faise público o alumnado admitido no centro para o vinderi curso 2023-2024 
 
 
O PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA SERÁ ENTRE O 20 E O 30 DE XUÑO.

mércores, 24 de maio de 2023

COLPBOL

Neste curso escolar, nas clases de EF, estamos a traballar o Colpbol. Foi unha unidade que gustou moito e aproveitamos a invitación para participar nunhas xornadas en Narón cos nosos amigos/as dos coles de O Feal, Piñeiros e Ayala. Nela xogamos facendo equipos onde había participantes de todos os centros. Pasámolo moi ben facendo deporte e amigos/as.


ACERTIXO Nº 9 - XOVES 25 DE MAIO

SOLUCIÓNS AO ACERTIXO Nº 9

INFANTIL:  a chave

PARABÉNS A: ERIN, UXUE, MARTÍN, NOEL, ISABELLA, BRIANA, MARIO, NOA, ANTÍA, LEO  E PAULA 

 

NIVEL 1 : "atropar"

PARABÉNS A: TEO, ASIER, ANDER, SERGIO, LÍA, ÁLVARO, JULIA, MARTÍN, UXÍO, ADRIÁN, ESTELA, JOSUÉ, VALERIA E ALEXIS

 

NIVEL 2: poden verse ata 40 cadrados pero os que viron máis de 30 está moi, pero que moi ben. 

PARABÉNS A: HÉCTOR E CAROLINA

 

 ACERTIXO Nº 9 -  XOVES 25 DE MAIO


Ola familias, seguimos cos dous últimos retos que nos quedan para rematar o concurso.

Aquí vos deixo o de mañá. Ánimo que o conseguides!!!

INFANTIL: Non traba nin ladra, pero ten dentes e a casa garda. Que é?

 

 

A PENSAR!
NIVEL 1 : Debes atropar o erro 

 








 

NIVEL 2:  Debes averiguar cantos cadrados hai nesta imaxe. Pensa en todas as posibilidades. Son MOITAS.







martes, 23 de maio de 2023

CONVIVENCIA COS CENTROS DA CONTORNA

Hoxe tivemos unha xornada moi especial no cole, pois recibimos a visita das nosas amigas e amigos dos CEIP A Barqueira e CEIP O Marbán. Xuntos realizamos unha saída ao castelo de Moeche (os máis maiores foron a pé), onde Duarte nos contou moitas cousas interesantes tanto do castelo como do Festival Irmandiño, ademais puidemos desfrutar da exposición que hai alí neste momento.
Uns xogos no exterior para coñecernos un pouco máis e cara o cole, onde nos agardaban uns deliciosos churros que nos valeron para coller forzas e poder xogar un montón a diferentes deportes, no parque, bailar...
Temos que agradecer a estes dous centros que viñesen visitarnos, así como polo agasallo que nos fixeron, pois desde agora teremos un olivo e un limoeiro que prometemos coidar moito.

Esperamos poder repetir para o ano!




MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR

Debido á ausencia de persoal de cociña dende o martes pasado (16 de maio) ata o día de hoxe e aos desaxustes producidos, os menús desta semana poderían sufrir algunha modificación. Deste xeito, o menú para o día de mañá quedará da seguinte maneira.

PRIMEIRO PRATO: Coliflor con allada, ovo cocido e xamón.

SEGUNDO PRATO: Salchicha caseira con tortilla e ensalada.

SOBREMESA: Plátano.

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 Sairon publicadas as Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023.

ORDE FONDO LIBROS 

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Forma de presentación:

  • Electrónica: a través da Sede Electrónica. Procedemento administrativo:     ED330B

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubrindo os datos na  aplicación(), imprimindo(FONDO LIBROS os Anexos I e II producidos e presentándoos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentados no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

Para a entregue da documentación no centro, deberase facer con:

 CITA PREVIA(881930329/30) 


 

luns, 22 de maio de 2023

MODIFICACIÓN DO MENÚ 23/5

 Debido a ausencia de persoal na cociña o menú do martes 23 de maio verase modificado.

PRIMEIRO PRATO: Fabas con verduras e peixe.

SOBREMESA: Melocotón no seu xugo.

Desculpade as molestias.


xoves, 18 de maio de 2023

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 19/5

Debido á ausencia da cociñeira o menú do venres 19 de maio verase modificado.

PRIMEIRO PRATO: boliños preñados recheos de salchicha.

SOBREMESA: Pera.

Desculpade as molestias.

ACERTIXO Nº 8 - LUNS 20 MAIO

SOLUCIÓN ACERTIXO Nº 8 

INFANTIL: tes 5 mazás

PARABÉNS A: LEO, NOA, MARIO, MARTÍN, PAULA, NOEL, ADRIÁN, ANTÍA, BRIANA, UXÚE, ERIN E KAREN.


NIVEL 1: ningún porque o que tiña a arca era Noé, non Moisés.

PARABÉNS A: ASIER, VALERIA, ADRIÁN, ANDER, SERGIO, ABRAHAM, JULIA E MARTÍN.

 

NIVEL 2: aínda que a casa tiña 25 plantas, o hámster podía estar no baixo ou na 1ª planta, a pouca altura.

PARABÉNS A: CAROLINA, MARÍA, ESTRELA, ANXO, HÉCTOR, LOLA E OIHANE.


 

 

 

 ACERTIXO Nº 8 - LUNS 20 MAIO

INFANTIL: Se hai 7 mazás e te quedas con 5. Cantas tes?

NIVEL 1: Investiga - Un pouco de historia. Lembras cantas parellas de animais distintos levou Moisés na súa arca?



NIVEL2: Un hámster acostumaba estar sempre xunto á ventá dunha casa de 25 plantas e nunca lle pasara nada ata que un bó día, a súa dona deixou a ventá aberta e o hámster caeu por ela para fóra. Aínda que pareza mentira, non tivo ningunha ferida. Como puido ser?

mércores, 17 de maio de 2023

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR 18/5

Debido á ausencia da cociñeira o menú do xoves 18 de maio verase modificado.

PRIMEIRO PRATO: Pizza de atún, queixo, olivas e tomate.

SOBREMESA: Kiwi

Desculpade as molestias.

martes, 16 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023



Como xa é tradicional neste centro, o Día das Nosas Letras celebrámola cun montón de actividades. En primeiro lugar comezamos coa preparación das follas, talos e flores para a posterior realización da festa. Despois, xa coa entrada das familias no cole, desfrutamos dun gran espectáculo a cargo de Martín Camiña, un mago que narrou a vida e obra de Francisco Fernández del Riego a través da maxia.

A continuación, pequena parada para cargar forzas cunha boa merendola e a seguir coa festa. Unha vez máis Dani, o mellor técnico de deportes, botounos unha man para facer co profe Abel uns xogos populares cos que nenos/as e maiores sudamos e divirtímonos a partes iguais. As outras propostas que había, e que facíamos en rotación, eran a elaboración das tradicionais alfombras e maios. Cabe destacar que nos imos superando ano tras ano.

Por último foto de FAMILIA!

Moitísimas grazas a toda a comunidade educativa por asistir e pasar unha gran xornada coa rapazada.

Deixamos vídeo resumo das actividades:


ACERTIXO Nº 7 - MÉRCORES 17 DE MAIO


SOLUCIÓNS AOS ACERTIXOS Nº 7

INFANTIL: " A estrela de mar"

PARABÉNS A: UXUE, BRIANA, LEO, ANTÍA, NOA, ISABELLA, ERIN, MARTÍN, PAULA, KAREN E NOEL.

NIVEL 1: O, N, C (oitenta, noventa, cen)

PARABÉNS: JULIA, ALEXIS, UXÍO, ABRAHAM, ANDER, VALERIA, LÍA, ASIER, JOSUÉ, ADRIÁN, TEO.

NIVEL 2: Había varias opcións válidas: 12339, 24309, 12216,...

PARABÉNS: ANDRÉ, CAROLINA, ALEX, OIHANE, MARÍA, ESTRELA, NUNO, HÉCTOR ANXO


 ACERTIXO Nº 7 - MÉRCORES 17 DE MAIO

Ola de novo, estou impresionado do ben que estades a resolver todos os acertixos que vos poño.

A ver este novo que vai agora. 


 INFANTIL: " As augas calmas decoro

                          coa miña linda cor,

                          ollo para o ceo á noitiña

                          e da familia sinto morriña"

                                QUE É?

 

 

NIVEL 1: Continúa esta serie

D, V, T, C, C, S, S, ...., ....., ...... 

 

NIVEL 2: Atopa o número de 5 díxitos no que o primeiro díxito é a metade do segundo, o terceiro é a terceira parte do quinto e o cuarto díxito é a diferencia entre o quinto díxito e a suma dos tres primeiro. 

luns, 15 de maio de 2023

Estreamos o noso invernadoiro

 Unha vez comezada a primavera, chegou o momento de estrear o noso invernadoiro.

Todos os nenos e todas nenas do cole adicamos uns momentiños a plantar diversas hortalizas como: espinacas, tomates,leitugas, pementos e remolachas.

Pasámolo en grande e aprendimos un montón. Se queredes vernos en acción podedes premer na foto.



ACERTIXO Nº 6 - MARTES 16 DE MAIO

SOLUCIÓNS ACERTIXO Nº 6

Que tal rapazas e rapaces? tedes que pensar moito? pois ánimo que aínda quedan unhos cuantos...

INFANTIL: "O múiño de auga"

PARABÉNS A: NOEL, PAULA, BRIANA, ANTÍA, ISABELLA, MARTÍN, KAREN, MARIO, ADRIÁN, UXUE, LEO, NOA E ERIN.


NIVEL 1: "precisa 100 minutos"

PARABÉNS A: ERIC, UXÍO, VALERIA, JULIA, ABRAHAM, LÍA, JOSUÉ, ESTELA, ALEXIS, ASIER, ADRIÁN, ANDER E SERGIO.


NIVEL 2 : "Os números representaban as horas do reloxo.

                    2+15(15:00 son as 3)= 5(17:00horas)"

PARABÉNS A: HÉCTOR, CAROLINA, ESTRELA, ANXO, ITZIAR, IRIA, ALEX, MARÍA E LOLA.

 

 

 ACERTIXO Nº 6 -  MARTES 16 DE MAIO

Queridas familias, estou moi ledo co voso traballo. Seguide así que xa chegamos á metade do concurso. 

INFANTIL: "Voltas e voltas dou sen parar, pero preciso auga tomar para seguir máis e máis".

NIVEL 1: Un tractor é capaz de arar 50 ferrados de terra en 50 minutos. Canto tempo precisará para arar 100 ferrados?

NIVEL 2: Todos sabemos que 2+15= 17 non??? Xa non estou seguro porque me acaban de dicir que 2+15= 5

Podedes axudarme a entender isto?

venres, 12 de maio de 2023

ACERTIXO 5 - LUNS 15 MAIO

 

SOLUCIÓNS AO ACERTIXO Nº 5

INFANTIL: Teño que dicivos que Chistín está súpercontento cos debuxos que fixéchedes sobre o colexio porque todos son preciosos.

ISABELLA, LEO, PAULA, ADRIÁN, NOA, ANTÍA, BRIANA, CLARÍS, ERIN, UXUE, MARTÍN E NOEL. 

 

NIVEL 1: A solución era a "Letra A".

PARABÉNS A: SERGIO, ADRIÁN, UXIÓ, JULIA, ABRAHAM, ESTELA, TEO, LÍA, VALERIA, ANDER, JOSUÉ E ASIER.

 

NIVEL 2: cada secuencia de números era unha representación verbal da secuencia anterior. Empezaba con 0, é dicir, "un cero" (10);  a continuación sería "un un e un cero"(1110); "tres uns e un cero" ( 3110); "un tres, dous uns e un cero"(132110); "un un, un tres, un dous, dous uns e un cero"(1113122110)

PARABÉNS A: MARÍA, ÓSCAR, ESTRELA, ANXO, CAROLINA, HÉCTOR, ALEX, OIHANE, IRIA, GABRIEL E CANDELA.

Era moi difícil? a seguir traballando co cerebro.



 

 

 

ACERTIXO Nº 5 - LUNS 15 DE MAIO


OLA DE NOVO. ESTOU MOI LEDO COA ALTA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO

 SEGUIDE ASÍ,... 

 

 

INFANTIL: Como me gustou moito o debuxo da vosa familia, Agora quero pedirvos que me fagades un debuxo libre sobre o colexio(o que querades pero que sexa BONITO) 

NIVEL 1: "Nas brasas non me queimo, no mar non me mollo, no aire me manteño e                            na túa cabeza aparezo". Que é?

NIVEL 2: Eres capaz de seguir esta serie? 0, 10, 1110, 3110, 132110, .............

 Aquí vos queda traballiño ata o luns. BOA FIN DE SEMANA!

xoves, 11 de maio de 2023

ACERTIXO 4 - 11 DE MAIO

SOLUCIÓNS E GAÑADOR@S AO ACERTIXO 4 


INFANTIL: díxome Chistín que lle encantaron todos os debuxos. Sodes fantásticos.

ENTREGARON DEBUXO: KAREN, ERIN, NOEL, PAULA, LEO, MARIO, NOA, BRIANA, ISABELLA, ANTÍA, EFRÉN, MARTÍN.

 

NIVEL 1:  Sacaríamos o hipopótamo "mollado".

GAÑADORES: ESTELA, UXÍO, ABRAHAM, ANDER, ADRIÁN, JULIA, SERGIO, LÍA, TEO, ASIER, JOSUÉ.

 

NIVEL 2: Hai 9 caixas

GAÑADORES: ANXO, ALEX, IRIA, ESTRELA, MARÍA, HÉCTOR, LOLA, GABRIEL, IVÁN, BRUNO, NUNO, OIHANE, ANDRÉ, CAROLINA.

MOI BEN CHICOS E CHICAS, SEGUIMOSSSS!

 

 

ACERTIXO 4 -11 DE MAIO

 

Ola de novo, aquí vos deixo outro traballiño. A pensar!


 

 

 

 

 

INFANTIL: como lle dixemos a Chistín que os nenos e nenas de infantil sabían debuxer moi ben, para mañá Chistín pide a infantil que fagan un debuxo da súa familia(Chistín quere coñecervos un pouco mellor).

NIVEL 1: Como sacarías un hipopótamo do río?

NIVEL 2 : Cantas caixas hai?



mércores, 10 de maio de 2023

ACERTIXO 3 MÉRCORES 10 MAIO

SOLUCIÓNS ACERTIXO 3

INFANTIL: En todas partes

ACERTARON: BRIANA, MARIO, KAREN, GAEL, ANTÍA,                                 UXUE, NOEL 


 NIVEL 1: O corazón e os ollos nunca son vellos

ACERTARON: ESTELA, ASIER, SERGIO, LÍA, ANDER, VALERIA, ALEXIS, MARTÍN, EFREN, UXÍO, JULIA TEO


 NIVEL 2: La Enana Elíptica de Sagitario( La = nota musical; enana= debuxo enana; elíptica= bicicleta; Sagitario=símbolo do horóscopo)

ACERTARON: HÉCTOR, ALEX, ESTRELA, MARÍA, LOLA, BRUNO E CAROLINA

PARABÉN A TODOS E TODAS!!! E, SOBRE TODO PARABÉNS POR PARTICIPAR


ACERTIXO 3 - MÉRCORES  10 DE MAIO

INFANTIL: En que lugar o martes vai despois do luns?

 

NIVEL 1: Fíxate no debuxo e descubre de que refrán galego se trata


NIVEL 2: Descifra este xeroglífico coa segunte pista "Forma parte da Vía Láctea"