SOLUCIÓN ACERTIXO Nº 8
INFANTIL: tes 5 mazás
PARABÉNS A: LEO, NOA, MARIO, MARTÍN, PAULA, NOEL, ADRIÁN, ANTÍA, BRIANA, UXÚE, ERIN E KAREN.
NIVEL 1: ningún porque o que tiña a arca era Noé, non Moisés.
PARABÉNS A: ASIER, VALERIA, ADRIÁN, ANDER, SERGIO, ABRAHAM, JULIA E MARTÍN.
NIVEL 2: aínda que a casa tiña 25 plantas, o hámster podía estar no baixo ou na 1ª planta, a pouca altura.
PARABÉNS A: CAROLINA, MARÍA, ESTRELA, ANXO, HÉCTOR, LOLA E OIHANE.
ACERTIXO Nº 8 - LUNS 20 MAIO
INFANTIL: Se hai 7 mazás e te quedas con 5. Cantas tes?
NIVEL 1: Investiga - Un pouco de historia. Lembras cantas parellas de animais distintos levou Moisés na súa arca?
NIVEL2: Un hámster acostumaba estar sempre xunto á ventá dunha casa de 25 plantas e nunca lle pasara nada ata que un bó día, a súa dona deixou a ventá aberta e o hámster caeu por ela para fóra. Aínda que pareza mentira, non tivo ningunha ferida. Como puido ser?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.