Como xa é tradicional neste centro, o Día das Nosas Letras celebrámola cun montón de actividades. En primeiro lugar comezamos coa preparación das follas, talos e flores para a posterior realización da festa. Despois, xa coa entrada das familias no cole, desfrutamos dun gran espectáculo a cargo de Martín Camiña, un mago que narrou a vida e obra de Francisco Fernández del Riego a través da maxia.
A continuación, pequena parada para cargar forzas cunha boa merendola e a seguir coa festa. Unha vez máis Dani, o mellor técnico de deportes, botounos unha man para facer co profe Abel uns xogos populares cos que nenos/as e maiores sudamos e divirtímonos a partes iguais. As outras propostas que había, e que facíamos en rotación, eran a elaboración das tradicionais alfombras e maios. Cabe destacar que nos imos superando ano tras ano.
Por último foto de FAMILIA!
Moitísimas grazas a toda a comunidade educativa por asistir e pasar unha gran xornada coa rapazada.
Deixamos vídeo resumo das actividades:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.