Hoxe, no CEIP San Ramón veunos visitar o escritor catalán Pere Tobaruela.
Os cursos de 1º e 2º de primaria estiveron falando sobre "Mariña e o balón" e os cursos dende 3º a 6º estiveron debatindo sobre "Formig4s. Misión Rosalía". Ambos libros foron lidos e traballados nas aulas durante a hora de ler.
Pere, entre broma e broma, contestou múltiples preguntas feitas polo alumnado e falounos da importancia da lectura, xa que é unha xanela ao mundo exterior.
Tras o debate e preguntas, asinoulle a cada alumno e alumna o seu libro cunha dedicatoria.
Moitas grazas, Pere!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.