venres, 12 de maio de 2023

ACERTIXO 5 - LUNS 15 MAIO

 

SOLUCIÓNS AO ACERTIXO Nº 5

INFANTIL: Teño que dicivos que Chistín está súpercontento cos debuxos que fixéchedes sobre o colexio porque todos son preciosos.

ISABELLA, LEO, PAULA, ADRIÁN, NOA, ANTÍA, BRIANA, CLARÍS, ERIN, UXUE, MARTÍN E NOEL. 

 

NIVEL 1: A solución era a "Letra A".

PARABÉNS A: SERGIO, ADRIÁN, UXIÓ, JULIA, ABRAHAM, ESTELA, TEO, LÍA, VALERIA, ANDER, JOSUÉ E ASIER.

 

NIVEL 2: cada secuencia de números era unha representación verbal da secuencia anterior. Empezaba con 0, é dicir, "un cero" (10);  a continuación sería "un un e un cero"(1110); "tres uns e un cero" ( 3110); "un tres, dous uns e un cero"(132110); "un un, un tres, un dous, dous uns e un cero"(1113122110)

PARABÉNS A: MARÍA, ÓSCAR, ESTRELA, ANXO, CAROLINA, HÉCTOR, ALEX, OIHANE, IRIA, GABRIEL E CANDELA.

Era moi difícil? a seguir traballando co cerebro.



 

 

 

ACERTIXO Nº 5 - LUNS 15 DE MAIO


OLA DE NOVO. ESTOU MOI LEDO COA ALTA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO

 SEGUIDE ASÍ,... 

 

 

INFANTIL: Como me gustou moito o debuxo da vosa familia, Agora quero pedirvos que me fagades un debuxo libre sobre o colexio(o que querades pero que sexa BONITO) 

NIVEL 1: "Nas brasas non me queimo, no mar non me mollo, no aire me manteño e                            na túa cabeza aparezo". Que é?

NIVEL 2: Eres capaz de seguir esta serie? 0, 10, 1110, 3110, 132110, .............

 Aquí vos queda traballiño ata o luns. BOA FIN DE SEMANA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.