FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Sairon publicadas as Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o día 19 de maio de 2023.
Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos
Forma de presentación:
-
Electrónica: a través da Sede Electrónica. Procedemento administrativo: ED330B
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
- Presencial con asistencia da aplicación : cubrindo os datos na aplicación(), imprimindo(FONDO LIBROS os Anexos I e II producidos e presentándoos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
-
Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentados no centro educativo
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023
Para a entregue da documentación no centro, deberase facer con:
CITA PREVIA(881930329/30)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.