luns, 29 de maio de 2023

XORNADA ESPECIAL!



Hoxe foi un bo día. Vivimos na biblioteca un gran contacontos que nos ofreceron as nenas e nenos de 1º e 2º sobre o conto "No pasa nada ". Asier e Alba foron os encargados de narran a historia que o resto interpretaba con diferentes personaxes. Fixeron entender a todo o alumnado coa súa gran interpretación que non pasa nada se somos baixos, altos, grandes, pequenos, tranquilas ou non, de que cor sexamos, que nos guste ou que tipo de familia teñamos. 

Por outro lado tivemos a gran sorte de contar como espectador a Tonecho, un antigo profe do cole que seguro as nais e pais dos peques coñecen. El encargouse de responder as múltiples preguntas que saían da rapazada, desde como era o cole ata saber se conviviu con dinosauros!!!

Por suposto, Tonecho pasou polos micros da Radio 23 para contarnos como foron os inicios na emisora que el mesmo creou coa axuda de profes e rapaces da súa etapa en Moeche. Moitísimas grazas por vir e pasar un rato coa cativada!!! Podes escoitalo no seguinte podcast e ver as fotos da xornada!












1 comentario:

  1. Aledame moito saber que un gran profesional da docencia da miña adolescencia visita o cole do meu fillo, sobre todo despois de sufrilo como alumno, un saludo Tonecho.

    ResponderEliminar

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.