martes, 19 de decembro de 2023

CHRISTMAS IS COMING!

O Nadal xa está chamando ás portas e dende o cole estamos aclimatando o ambiente.

Aquí podedes ver algunhas cousiñas que fomos facendo, así como a celebración do Christmas Jumper Day.

Queremos agradecer a vosa colaboración na acción solidaria con "Save the children", a través da cal recaudamos 254,50 €!!


















Unha vez máis moitísimas grazas...pero o mellor está por vir...














venres, 15 de decembro de 2023

TRÁILER "HOXE NAS VODAS DE PRATA"

Un ano máis, o alumnado de 5º e 6º, @s Históric@s 8.0 queren ofrecervos un pequeno aperitivo da súa obra de Nadal. Nesta ocasión titúlase "Hoxe nas vodas de prata", esperamos que vos guste este pequeno adianto!!!



martes, 12 de decembro de 2023

MODIFICACIÓN DO MENÚ ESCOLAR

Debido a un imprevisto, o menú de mañá mércores 13 de novembro cambiarase polo do venres 15.

Desculpade as molestias.

martes, 5 de decembro de 2023

venres, 1 de decembro de 2023

CONCURSO! LUGARES MODESTINOS

 @S Históric@s 8.0 preséntavos un novo concurso no cal poderedes adiviñar lugares modestinos (ou de ben cerquiña) que están a ler.

Na área de Lingua Galega estivemos a traballar as descricións de lugar, e para iso fixemos un concurso. Cada alumno/a, no seguinte vídeo, aparece lendo sobre un lugar de Moeche. Tedes que adiviñar onde é. Para concursar soamente teredes que escribir as vosas respostas a "historicosmoeche@gmail.com" poñendo o nome do neno/a xunto coa vosa resposta. Sorte e a ver se conseguides algún pequeno premio...




mércores, 29 de novembro de 2023

MICROTOPONIMIA

A pasada semana, no programa de radio en directo, Álex e Lía falaban ante os micros sobre un traballo no cal estiverom inmersos varias semanas. Foi un proceso de investigación que iniciaba a proposta de Radio Fene. A idea era pescudar sobre a toponimia modestina. Para iso, baseámonos nun texto do Catastro municipal do ano 1752.

O texto non era nada fácil de entender, así os profes axudáronnos a descubrir os 45 topónimos que alí se escondían. A partir de aí, e cunha lista ben feitiña, fomos polas casas, colacao e biscoito en man, para preguntar sobre eses lugares de hai case 300 anos.

Foi moita a xente que axudou a realizar este traballo e así llo queremos recoñecer con este vídeo, que resume o traballo e fai os agradecementos públicos a todas e cada unha desas persoas. MIL GRAZAS!


NOTA: quixemos respectar, da mellor maneira posible, as anotacións verbais que nos fixeron os nosos maiores. É por iso que en cada apartado veñen escritas da maneira na que veñen.


venres, 24 de novembro de 2023

CONCURSO DE LEMAS 25 N

Co motivo da conmemoración do Día da eliminación da violencia contra a muller as nenas e nenos do noso cole, ademais de traballar durante esta semana actividades relacionadas con este día, fomos ata a biblioteca despois do recreo.

Alí contamos coa visita de Pilar e Bea, que nos falaron da importancia dese día e lles entregaron un diploma a todos os participantes do Concurso de lemas que organiza o Concello, así como un agasallo moi especial ás tres gañadoras.

Este ano os participantes premiados foron os seguintes:

1º PREMIO: María Rico García

2º PREMIO: Julia Villaboy Rodríguez

3º PREMIO: Iria Luaces González

A continuación desfrutamos do espectáculo "Contos arredor de nós" de Alba Vales e rematamos a xornada practicando o sinal de auxilio que se traduce como "preciso axuda" e que xa é compartida en máis de 40 países.

Clicade para ver fotos deste día.




xoves, 23 de novembro de 2023

RADIO EN DIRECTO DESDE O COLE!

Deixamos a nova, e máis o podcast, do programa que Radio Fene gravou no noso centro na xornada de onte. Foi unha gran experiencia para o alumnado, tanto vivir un programa desde dentro como ver o produto final do traballo de todos estes meses.

Queremos dar grazas a Radio Fene por pensar en nós para esta idea. 

ONDA ODS EMPEZA POR TI. MOECHE A POLA AXENDA 2030!!!

PROGRAMA

martes, 21 de novembro de 2023

SAÍDA AO PADROADO DA CULTURA DE NARÓN

 Hoxe fixemos unha saída ó Padroado da Cultura de Narón para ver unha obra de teatro da man de GHAZAFELHOS, que nos representaron "¡ÁNDALE, BUEN APETITO!".

A verdade e que o pasamos moi ben aprendendo entre bromas, chistes e bo humor as receitas de comida mexicana como os nachos  e as quesadillas, rematando coa pelexa de galos.

Unha vez máis a compañía sorprendeunos e regalounos anos de vida de tanto rir.



DÍA DA INFANCIA EN HORA GALEGA!



Como xa vos adiantamos no post anterior, no día de onte o alumnado de 3º a 6º saiu no programa da TVG "Hora Galega". Unha reportaxe feita coa colaboración de UNICEF sobre o Día dos dereitos dos nenos/as.

Deixamos o enlace para ver o programa. As nenas e nenos do cole saen no minuto 26 aproximadamente!

HORA GALEGA

luns, 20 de novembro de 2023

20-N

Hoxe celebramos o Día dos Dereitos dos nenos/as. Ademais do traballo realizado na aula tivemos máis actividades. 

En primeiro lugar contarvos que en todas as aulas realizamos murais, posters, role playing, debuxos e textos relacionados cos nosos dereitos. Comprendemos que son varios e que teñen que ser respectados. Este ano, de novo, colaboramos con UNICEF nesta data tan sinalada. A semana pasada viñeron ao centro a gravar unha reportaxe sobre como levamos a cabo esta conmemoración na aula, que foi emitida esta tarde no programa "Hora Galega" (e que intentaremos subir por aquí por se alguén non o puido desfrutar en directo). 

Da mesma maneira, o Concello de Moeche, un ano máis, abriu as súas portas para que contáramos as nosas ideas i escoitáramos o traballo feito polo CLIA. Ambas partes estivemos de acordo nos nosos dereitos, poñendo un foco especial ao Dereito da protección. Así foi como Efrén, Iria e Héctor falaron en nome de todos para deixar claro o que pensamos.

Para rematar, e antes de irnos á escola, unha voltiña ao parte a xogar. Porque xogar é un dereito que temos!!!















venres, 17 de novembro de 2023

TORNEO COLPBOL 2023


Hoxe, na hora do recreo, sacamos esta pedazo foto de familia. Na mesma saen todos/as participantes no torneo (excepto algún que non puido vir ao cole, pero que foi igualmente representado) coas súas medallas. Durante as tres semanas anteriores xogamos un torneo onde primou o bo ambiente e a deportividade. 
Foron varios os equipos partipantes que resultaron quedar así clasificados:

1.- OS MARIOS
2.- ME DA IGUAL
3.- THE STARS
4.- CAMPEONES
5.- GANADORES

Nun sistema de liga todos contra todos, que daba como favorito ao equipo Stars, imbatido na primeira fase, chegaron ás semifinais. Os Marios deron a sorpresa gañando a penaltis aos que parecían invencibles e Me da igual superaba pola mínima a Campeones.
Xa na final, cun ambiente espectacular na grada do municipal de Moeche, Os Marios, comandado polo pequeno Mario Naveiras e Me da igual, con Martín Pena ao fronte da fila, entraban facendo o "fair play". Saúdos á grada, chocar as cinco a rivais e árbitro e comeza o partido co pitido incial!!!
No saque ao aire Me da igual fai unha falta. Falta que é aproveitada na primeira xogada do partido por Iván que, nunha acción moi intelixente, mete un balón ao fondo do campo para que Adrián remate forte. Nada puido facer Oihane na portería para deter o 1-0. Grandes xogadas e moita intensidade, un contra un fallido de André para empatar e ao descanso!!! Parecía que Me da igual conseguía o efecto da charla intermedia, pois nada máis comezar a segunda parte comeza o asedio cara a portería (neses momentos defendida por Adrián) cunha clara intención de introducir a pelota na portería rival. Os Marios totalmente contra as cordas e cun moi enchufado André, Me da igual consegue poñerse por diante cun auténtico golazo do mesmo André.
No momento do gol, tolemia na grada, e un Abel que intentaba indicar que sería o último minuto do partido. Ante o sinal do árbitro, ambos equipos lánzanse a polo encontro, loitando cada balón como se fose o último. "Última xogada", sinalaba o colexiado. Xusto nese momento Estela consegue bombear un balón alto, que sobrepasa a marabunta de xogadores e deixa, de novo, a André diante da portería. O de 6º remata, Adrián repele o lanzamento, e así ata tres veces. O pequeno de 4º agarra o balón na área e non o pensa: volea arriba...
Óscar, aproveitando a súa altura, realiza un remate espectacular que podía dar o campionato ao seu equipo, pero Oihane, demostrando que foi a mellor porteira do torneo, palmea evitando o tanto. O balón queda solto para que Lola golpee... pero Oihane volve a despexar... Lola dispara de novo e Oihane, nun último suspiro, roza cos dedos e deixa o balón no chan, a tan só un metro da portería, agora sen gardameta en pé...
Nese instante, de desesperación para o equipo do pequeno Naveiras, tan só existe unha última oportunidade. Lola, sen dubidalo, tírase en plancha ao chan e toca cos dedos a pelota para introducila ao fondo da portería.
Abel pita tres veces e fin, fin do partido e fin do campionato. Os Marios, equipo composto por Mario, Lola, Iván, Adrián, Lía e Óscar consegue alzarse coa final. 

Moitas grazas a todos os participantes polo seu comportamento deportivo e por desfrutar deste deporte coeducativo. En especial agradecer tamén a labor dos árbitros: Álex, Candela, André, Adrián, Martín Pena e Iván. Sen eles non se podería levar a cabo este campionato!

Deixamos vídeo resumo do torneo:




martes, 14 de novembro de 2023

SAÍDA ASOCIACIÓN RAÍÑA PARAÍSO



Hai uns días publicábamos sobre unha charla no colexio co CEIDA. Nela aprendemos sobre agricultura ecolóxica, etiquetado, alimentación saudable...

Hoxe, o mesmo organismo, facilitounos unha visita á Asociación Raíña Paraíso, no concello de Vilasantar. Na saída tivemos a oportunidade de traballar moito sobre o aprendido na aula. Pois, nada máis chegar, a monitora Isa púxonos mans á obra na clasificación das sementes (e hai que dicir que non o fixemos mal). Despois unha pequena observación sobre a plantación e unha merendola para repoñer forzas, remangámonos e a sachar!!! Fixemos un bo rego de cebolas e, ademais, levamos unha pequena horta deseñada por nós mesmos/as para casa.

Moitas grazas tanto ao CEIDA como a Asociación Raíña Paraíso por esta gran mañá!!!

FOTOS DA XORNADA

MERENDAS SAUDABLES

Ola familias! Nesta publicación deixaremos o listado de merendas saudables que levaremos a cabo este curso. Nunha primeira fotografía aparece o reparto semanal, fixádevos que hai días que teñen varias opcións. As opcións son para elixir entre unha e outra, non é para traelas todas.

Na segunda fotografía veñen explicados os alimentos de cada sección con exemplos. As de cor verde (as máis saudables) e as amarelas serían as permitidas. As vermellas indicarían aquelas merendas que non aconsellamos traer á rapazada.

Cando se trate de días especiais como aniversarios etc falade antes coa titora para facer un axuste do calendario de merendas. Asemade, nos casos de alumnos/as que, por causas médicas xustificadas, non poidan tomar algún alimento concreto, deberán falar coa titora para ver como se faría nese caso.

BO PROVEITO!






Outra actividade que imos levar a cabo dentro do Plan de Saúde do centro é a "Mesa de excedentes". Aquelas persoas que, voluntariamente, queiran deixar aquelas pezas de froita que lle sobren na casa poden facelo para que, libremente, poida coller outro e tomar. Se alguén ten algún tipo de problema coa actividade deben comunicala ao titor/a. Esta mesa estará na porta de saída ao patio todos os días que haxa excedente.








venres, 10 de novembro de 2023

DÍA DO PEÓN 2023



Polo San Martiño, peóns ao camiño!!!

Así di a tradición e así o fixemos esta semana. No patio de recreo loce un peón xigante feito con varios peóns máis pequenos que elaboramos todos os alumnos do cole. Quedou moi chulo como podedes ver na foto. Ademais os compis de infantil ensináronnos como se pode facer un peón caseiro con material de refugallo, e algo máis fácil de bailar. Pois os maiores de primaria se atreveron a intentar bailar e peón coa corda, tarefa nada fácil pero que non se nos deu tan mal.

Deixamos un pequeno vídeo no cal podedes ver o ben que o pasamos!


CHISTES DE HIPÉRBOLES!

Hoxe, na clase de Lengua Castellana, tocounos estudar un recurso literario máis. Recursos que usan os autores/as para darlle un pouco máis de beleza i expresividade ao texto. A hipérbole é aquel no que se usan esaxeracións para destacar algún elemento que nos interese. Xa é tradición que a clase de 5º de primaria traballe este concepto con chistes. Sabedes aquel de... "Era una persona tan tan tan..."

Dentro vídeo e botarse unhas risas!!!


venres, 3 de novembro de 2023

GHAZAFELLOS!

Hoxe visitamos o Centro Cultural Francisco Piñeiro para asistir a unha representación teatral a cargo de Teatro Ghazafellos. A obra que nos ofreceron foi Travesía Unicornio, a primeira proposta de teatro da nosa amiga María Canosa. 

Ghazafellos nunca defrauda, e conseguiron levar á rapazada do cole nunha viaxe entre unicornios, xenias e baleas. Milleiros de risas e unha mensaxe de fondo. 

Pasámolo en grande! Queremos agradecer desde aquí ao Concello de Moeche por brindarnos a posibilidade de ver este marabilloso espectáculo.






xoves, 2 de novembro de 2023

HALLOWEEN IS OVER!

Unha vez recuperados da celebración de SAMAÍN/HALLOWEEN , podemos ver o traballo que fixeron os cativ@s do cole nas sesión de inglés dedicadas a coñecer un pouco máis esta tradición. 




Entre arañas saltarinas, cabazas debuxadas e quebracabezas terroríficos reconstruídos entre tripulantes e impostores,  fomos capaces de saber que en realidade a orixe de Halloween está no noso Samaín!!!!!

Polo que podemos instaurar o novo SALOWEEN!

martes, 31 de outubro de 2023

SAMAÍN/MAGOSTO 2023

Un ano máis celebramos esta festa en familia. Tal e como nos gusta, tod@s xunt@s compartindo.

Tanto o Magosto coma o Samaín son festas que nos gustan moito no cole, pois xa comezan días antes. O cole cobra un aspecto máis tenebroso que de costume, os corredores só son aptos para as máis valentes... o concurso de portas terroríficas está aquí!!! Foron moitas e moi boas, pero unha votación das nenas e nenos do cole deron por gañadora á clase de 3º e 4º, PARABÉNS CHIC@S, era un gran  traballo!



Outra das grandes sorpresas, que xa leva dúas edicións, é o concurso de debuxo das nosas ludotecarias. Diferentes temáticas que se propuxeron deron grandes obras de arte, pero coma sempre, había que quedarse coas mellores...
BREO en infantil, ÉRIC en 1º e 2º, ADRIÁN en 3º e 4º e JUDIT na sempre polémica competición do profesorado, foron os traballos premiados. Parabéns para tod@s!!!


Xa no propio día da festa tivemos un montón de actividades:
A mañá xa prometía cando nos transformamos en grandes cociñeiros/as para realizar as nosas "terrorificamente saudables" merendas. Hai que decir que debían estar boas porque voaron!!!




Un pouco de recreo e a disfrutar dun obradoiro moi chulo sobre "Divermonstros". O recoñecido escritor e ilustrador galego, creador dos míticos Megatoxos, visitou o San Ramón para ensinarnos diferentes técnicas de debuxo para así poder crear o noso propio mosntro. Moitas grazas Anxo por esta emocionante actividade!



Chegaba a hora na cal as familisa entrarían no cole para facer a tradicional decoración de cabazas. Unha actividade na cal convivimos e compartimos. Todo ambientado con temas musicais e unhas boas castañas que trouxestes as familias e a cociñeira Almudena se encargou de preparar. Que ricas! 
Decenas de propostas chulísimas para que, ao final, un esixente xurado, baseándose no traballo realizado no cole e primando a colaboración de nenas e nenos fallase nos seguintes premios:

ANTÍA na categoría de DIVERTIDA
CANDELA  na de TERRORÍFICA
IRIA na de ENXEBRE
ÓSCAR  e IVÁN na de ORIXINAL

PARABÉNS POLO GRAN TRABALLO!!!

Son moitísimas as fotografías e os vídeos que fixemos durante a xornada, polo que subimos unha galería que poidades consultar todo con calma:


Unha mañá moi emocionante de convivencia que esperamos permanez ao longo da historia do CEIP SAN RAMÓN. Grazas a todos/as pola vosa asistencia e vémonos na próxima!!!




venres, 27 de outubro de 2023

KICK BOXING NA ESCOLA

Un ano máis recibimos a visita no centro do Club Kick Boxing Sansa, da man de Jose e José Viñeron facer unha sesión de Educación Física onde deleitaron á rapazada cunha clase do seu deporte. Coma sempre, un pracer chicos!!!

Deixamos un vídeo resumo:


GAEL ENSÍNANOS O SEU DESCUBRIMENTO

Hoxe, Gael máis os compis de infantil fixeron unha estupenda presentación dun óso de fémur de cabalo para todo o cole. Ó longo desta semana, en infantil, traballamos ás características duna cabalo,o seu esqueleto máis as partes das que se compón o fémur. Este traballiño partiu do interese de Gael por amosarnos o fémur de cabalo que atopou nun paseo polo monte.

Hoxe,os nenos e nenas de infantil,expuxeron todo o aprendido e demostraron ser uns fabulosos e fabulosas altofalantes!!






MOI BEN CHIC@S!!!


martes, 24 de outubro de 2023

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O SAMAÍN

 FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN- LUNS 30 DE OUTUBRO

O vindeiro luns 30 de outubro celebraremos no centro a tradicional festa de Magosto e Samaín. Será un día cheo de actividades que comezaremos uns días antes na escola, decorando o centro para a ocasión e co xa tradicional concurso de portas terroríficas. O mesmo luns faremos cos nenos unha actividade dentro do Plan Proxecta de Nutriescolas no que estamos inmersos este curso. Trata de facer unhas merendas “Terrorificamente saudables”, polo que para ese día a merenda estará composta das diversas receitas que faremos cos nenos/as (e que aportará o colexio) e unhas castañas asadas. Para o tema das castañas solicitamos que cada alumno/a traia unha présa delas (non vos pasedes, pensade nas que comería un neno só). Polo que ese día non haberá que traer merenda extra (haberá varias propostas para elixir), só para beber. Ademais o alumnado terá unha actuación especial a cargo de Anxo Fariña: divertimonstros.



Xa co bandullo cheo, cara ás 12:15 convidamos a todas as familias a que veñades ao centro a realizar a tamén tradicional decoración de cabazas cos vosos/as fillos/as. Para iso teredes que traer unha cabaza sen baleirar (aos peques venlles xenial realizar este traballo) e todos aqueles elementos coas que as queirades decorar, así como os utensilios que vos fagan falla para o iso. Haberá diferentes premios e pasarémolo xenial.

Ese día, nenos/as e maiores podedes vir disfrazados/as. Calquera dúbida consultade coas titoras e titor.

Agardamos por todos e todas!!!