mércores, 29 de novembro de 2023

MICROTOPONIMIA

A pasada semana, no programa de radio en directo, Álex e Lía falaban ante os micros sobre un traballo no cal estiverom inmersos varias semanas. Foi un proceso de investigación que iniciaba a proposta de Radio Fene. A idea era pescudar sobre a toponimia modestina. Para iso, baseámonos nun texto do Catastro municipal do ano 1752.

O texto non era nada fácil de entender, así os profes axudáronnos a descubrir os 45 topónimos que alí se escondían. A partir de aí, e cunha lista ben feitiña, fomos polas casas, colacao e biscoito en man, para preguntar sobre eses lugares de hai case 300 anos.

Foi moita a xente que axudou a realizar este traballo e así llo queremos recoñecer con este vídeo, que resume o traballo e fai os agradecementos públicos a todas e cada unha desas persoas. MIL GRAZAS!


NOTA: quixemos respectar, da mellor maneira posible, as anotacións verbais que nos fixeron os nosos maiores. É por iso que en cada apartado veñen escritas da maneira na que veñen.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.