Hoxe, na hora do recreo, sacamos esta pedazo foto de familia. Na mesma saen todos/as participantes no torneo (excepto algún que non puido vir ao cole, pero que foi igualmente representado) coas súas medallas. Durante as tres semanas anteriores xogamos un torneo onde primou o bo ambiente e a deportividade.
Foron varios os equipos partipantes que resultaron quedar así clasificados:
1.- OS MARIOS
2.- ME DA IGUAL
3.- THE STARS
4.- CAMPEONES
5.- GANADORES
Nun sistema de liga todos contra todos, que daba como favorito ao equipo Stars, imbatido na primeira fase, chegaron ás semifinais. Os Marios deron a sorpresa gañando a penaltis aos que parecían invencibles e Me da igual superaba pola mínima a Campeones.
Xa na final, cun ambiente espectacular na grada do municipal de Moeche, Os Marios, comandado polo pequeno Mario Naveiras e Me da igual, con Martín Pena ao fronte da fila, entraban facendo o "fair play". Saúdos á grada, chocar as cinco a rivais e árbitro e comeza o partido co pitido incial!!!
No saque ao aire Me da igual fai unha falta. Falta que é aproveitada na primeira xogada do partido por Iván que, nunha acción moi intelixente, mete un balón ao fondo do campo para que Adrián remate forte. Nada puido facer Oihane na portería para deter o 1-0. Grandes xogadas e moita intensidade, un contra un fallido de André para empatar e ao descanso!!! Parecía que Me da igual conseguía o efecto da charla intermedia, pois nada máis comezar a segunda parte comeza o asedio cara a portería (neses momentos defendida por Adrián) cunha clara intención de introducir a pelota na portería rival. Os Marios totalmente contra as cordas e cun moi enchufado André, Me da igual consegue poñerse por diante cun auténtico golazo do mesmo André.
No momento do gol, tolemia na grada, e un Abel que intentaba indicar que sería o último minuto do partido. Ante o sinal do árbitro, ambos equipos lánzanse a polo encontro, loitando cada balón como se fose o último. "Última xogada", sinalaba o colexiado. Xusto nese momento Estela consegue bombear un balón alto, que sobrepasa a marabunta de xogadores e deixa, de novo, a André diante da portería. O de 6º remata, Adrián repele o lanzamento, e así ata tres veces. O pequeno de 4º agarra o balón na área e non o pensa: volea arriba...
Óscar, aproveitando a súa altura, realiza un remate espectacular que podía dar o campionato ao seu equipo, pero Oihane, demostrando que foi a mellor porteira do torneo, palmea evitando o tanto. O balón queda solto para que Lola golpee... pero Oihane volve a despexar... Lola dispara de novo e Oihane, nun último suspiro, roza cos dedos e deixa o balón no chan, a tan só un metro da portería, agora sen gardameta en pé...
Nese instante, de desesperación para o equipo do pequeno Naveiras, tan só existe unha última oportunidade. Lola, sen dubidalo, tírase en plancha ao chan e toca cos dedos a pelota para introducila ao fondo da portería.
Abel pita tres veces e fin, fin do partido e fin do campionato. Os Marios, equipo composto por Mario, Lola, Iván, Adrián, Lía e Óscar consegue alzarse coa final.
Moitas grazas a todos os participantes polo seu comportamento deportivo e por desfrutar deste deporte coeducativo. En especial agradecer tamén a labor dos árbitros: Álex, Candela, André, Adrián, Martín Pena e Iván. Sen eles non se podería levar a cabo este campionato!
Deixamos vídeo resumo do torneo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.