Ola familias! Nesta publicación deixaremos o listado de merendas saudables que levaremos a cabo este curso. Nunha primeira fotografía aparece o reparto semanal, fixádevos que hai días que teñen varias opcións. As opcións son para elixir entre unha e outra, non é para traelas todas.
Na segunda fotografía veñen explicados os alimentos de cada sección con exemplos. As de cor verde (as máis saudables) e as amarelas serían as permitidas. As vermellas indicarían aquelas merendas que non aconsellamos traer á rapazada.
Cando se trate de días especiais como aniversarios etc falade antes coa titora para facer un axuste do calendario de merendas. Asemade, nos casos de alumnos/as que, por causas médicas xustificadas, non poidan tomar algún alimento concreto, deberán falar coa titora para ver como se faría nese caso.
BO PROVEITO!
Outra actividade que imos levar a cabo dentro do Plan de Saúde do centro é a "Mesa de excedentes". Aquelas persoas que, voluntariamente, queiran deixar aquelas pezas de froita que lle sobren na casa poden facelo para que, libremente, poida coller outro e tomar. Se alguén ten algún tipo de problema coa actividade deben comunicala ao titor/a. Esta mesa estará na porta de saída ao patio todos os días que haxa excedente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.