Hoxe fixemos unha saída ó Padroado da Cultura de Narón para ver unha obra de teatro da man de GHAZAFELHOS, que nos representaron "¡ÁNDALE, BUEN APETITO!".
A verdade e que o pasamos moi ben aprendendo entre bromas, chistes e bo humor as receitas de comida mexicana como os nachos e as quesadillas, rematando coa pelexa de galos.
Unha vez máis a compañía sorprendeunos e regalounos anos de vida de tanto rir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.