Hai uns días publicábamos sobre unha charla no colexio co CEIDA. Nela aprendemos sobre agricultura ecolóxica, etiquetado, alimentación saudable...
Hoxe, o mesmo organismo, facilitounos unha visita á Asociación Raíña Paraíso, no concello de Vilasantar. Na saída tivemos a oportunidade de traballar moito sobre o aprendido na aula. Pois, nada máis chegar, a monitora Isa púxonos mans á obra na clasificación das sementes (e hai que dicir que non o fixemos mal). Despois unha pequena observación sobre a plantación e unha merendola para repoñer forzas, remangámonos e a sachar!!! Fixemos un bo rego de cebolas e, ademais, levamos unha pequena horta deseñada por nós mesmos/as para casa.
Moitas grazas tanto ao CEIDA como a Asociación Raíña Paraíso por esta gran mañá!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.