luns, 20 de novembro de 2023

20-N

Hoxe celebramos o Día dos Dereitos dos nenos/as. Ademais do traballo realizado na aula tivemos máis actividades. 

En primeiro lugar contarvos que en todas as aulas realizamos murais, posters, role playing, debuxos e textos relacionados cos nosos dereitos. Comprendemos que son varios e que teñen que ser respectados. Este ano, de novo, colaboramos con UNICEF nesta data tan sinalada. A semana pasada viñeron ao centro a gravar unha reportaxe sobre como levamos a cabo esta conmemoración na aula, que foi emitida esta tarde no programa "Hora Galega" (e que intentaremos subir por aquí por se alguén non o puido desfrutar en directo). 

Da mesma maneira, o Concello de Moeche, un ano máis, abriu as súas portas para que contáramos as nosas ideas i escoitáramos o traballo feito polo CLIA. Ambas partes estivemos de acordo nos nosos dereitos, poñendo un foco especial ao Dereito da protección. Así foi como Efrén, Iria e Héctor falaron en nome de todos para deixar claro o que pensamos.

Para rematar, e antes de irnos á escola, unha voltiña ao parte a xogar. Porque xogar é un dereito que temos!!!















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.