Un ano máis celebramos esta festa en familia. Tal e como nos gusta, tod@s xunt@s compartindo.
Tanto o Magosto coma o Samaín son festas que nos gustan moito no cole, pois xa comezan días antes. O cole cobra un aspecto máis tenebroso que de costume, os corredores só son aptos para as máis valentes... o concurso de portas terroríficas está aquí!!! Foron moitas e moi boas, pero unha votación das nenas e nenos do cole deron por gañadora á clase de 3º e 4º, PARABÉNS CHIC@S, era un gran traballo!
Outra das grandes sorpresas, que xa leva dúas edicións, é o concurso de debuxo das nosas ludotecarias. Diferentes temáticas que se propuxeron deron grandes obras de arte, pero coma sempre, había que quedarse coas mellores...
BREO en infantil, ÉRIC en 1º e 2º, ADRIÁN en 3º e 4º e JUDIT na sempre polémica competición do profesorado, foron os traballos premiados. Parabéns para tod@s!!!
Xa no propio día da festa tivemos un montón de actividades:
A mañá xa prometía cando nos transformamos en grandes cociñeiros/as para realizar as nosas "terrorificamente saudables" merendas. Hai que decir que debían estar boas porque voaron!!!
Un pouco de recreo e a disfrutar dun obradoiro moi chulo sobre "Divermonstros". O recoñecido escritor e ilustrador galego, creador dos míticos Megatoxos, visitou o San Ramón para ensinarnos diferentes técnicas de debuxo para así poder crear o noso propio mosntro. Moitas grazas Anxo por esta emocionante actividade!
Chegaba a hora na cal as familisa entrarían no cole para facer a tradicional decoración de cabazas. Unha actividade na cal convivimos e compartimos. Todo ambientado con temas musicais e unhas boas castañas que trouxestes as familias e a cociñeira Almudena se encargou de preparar. Que ricas!
Decenas de propostas chulísimas para que, ao final, un esixente xurado, baseándose no traballo realizado no cole e primando a colaboración de nenas e nenos fallase nos seguintes premios:
ANTÍA na categoría de DIVERTIDA
CANDELA na de TERRORÍFICA
IRIA na de ENXEBRE
ÓSCAR e IVÁN na de ORIXINAL
PARABÉNS POLO GRAN TRABALLO!!!
Son moitísimas as fotografías e os vídeos que fixemos durante a xornada, polo que subimos unha galería que poidades consultar todo con calma:
Unha mañá moi emocionante de convivencia que esperamos permanez ao longo da historia do CEIP SAN RAMÓN. Grazas a todos/as pola vosa asistencia e vémonos na próxima!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.