martes, 10 de outubro de 2023

SIMULACRO DE INCENDIOS 2023


Eran sobre as 12:30 da mañá cando a sirena soou tres veces. Sabemos perfectamente o que iso significa. Hai que levantarse inmediatamente e realizar unha evacuación do centro sen deterse pero con calma. Alumnado seguindo os carrís debuxados no chan, camiñando sen correr e formando fila india. Profesorado acompañando e deixando todo cerrado por detrás. Menos de dous minutos e todo o centro estaba na pista polideportiva, punto de lugar seguro. Bueno, todos todos non... O noso amigo Teo foi este ano o gancho que axudou a que todo fose o máis realista posible. Non houbo problema, os bombeiros acudían rapidamente ao rescate de Teo, e só nuns segundos tamén estaría en zona segura.

Actuación de sobresaínte do alumnado, sen perder a calma. Tocaba premio...

E vaia que tocou... pedazo mañá pasamos subindo nos coches da Garda Civil e dos bombeiros, probando chalecos, usando a mangueira, poñendo sirenas e, sobre todo, atendendo ás explicacións sobre o funcionamento do equipamento que teñen para realizar a súa gran labor.

Queremos felicitar desde aquí so GES de Ortigueira e á Garda Civil de San Sadurniño por vir a mañá do pasado luns ao cole. Esperamos vernos moitos anos máis, iso si, en simulacros!

Deixamos unha galería de fotos, pois son moitas.


FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.