Hoxe rematamos o que foi unha gran experiencia no cole. Todo o alumnado tivo a oportunidade de coñecer aspectos básicos de primeiros auxilios. Grazas ao Centro de Formación e Recursos de Ferrol, que nos proporcionou formación para impartir esta temática cos alumnos/as, así como un préstamo de material para levalo a cabo na aula.
Así foi que, durante uns dez días aprendemos a actuar en situacións de perigo. De infantil a 6º, pasando polos profes, todo o mundo se puxo mans á obra. As nenas e nenos de infantil, por exemplo, saben perfectamente valorar a consciencia e respiración dunha persoa... e tamén marcar o 112 se fixera falla!!! Iso si, para aprender foi á nosa maneira, cantamos e bailamos a canción do "uno, uno, dos"...
En 1º e 2º fomos algo máis aló e xa vimos como comprimir, actuar en caso de atragoamento e colocar a posición lateral de seguridade en casos necesarios. Hai que comentar que nesa clase nos parecen mellor chamarlle "Manobra fronte - queixo", en lugar de mentón, así nos acordamos.
A rapazada de 3º e 4º, coñeceron algo máis, pois xa manexaron desfibrilador, ademais de todo o anterior. Podemos destacar varios ritmos para comprimir, pero nos quedamos coa Macarena ou Bob Esponxa. Moito nivel.
E falando de nivel... en 5º e 6º coñecimos e puxemos en práctica o protocolo sanitario ao completo. Cadea de supervivencia completa de todo. Variando tipoloxía de casos: adultos, nenos, bebés, afogados. Diferentes manobras de desobstrución, ventilacións, manexo materiais etc. Fixemos casos "reais" con exemplos onde tiñan que actuar durante varios minutos e hai que dicir que o fan realmente ben.
Por suposto, o profesorado tamén levou un intensivo de todo. Iso si, esperemos formarnos, coñecer, aprender, pero non ter necesidade de usalo nunca!!!
MOI BOA EXPERIENCIA QUE ESPERANDO RECICLAR ANO TRAS ANO
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.