FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN- LUNS 30 DE OUTUBRO
O vindeiro luns 30 de outubro celebraremos no centro a tradicional festa de Magosto e Samaín. Será un día cheo de actividades que comezaremos uns días antes na escola, decorando o centro para a ocasión e co xa tradicional concurso de portas terroríficas. O mesmo luns faremos cos nenos unha actividade dentro do Plan Proxecta de Nutriescolas no que estamos inmersos este curso. Trata de facer unhas merendas “Terrorificamente saudables”, polo que para ese día a merenda estará composta das diversas receitas que faremos cos nenos/as (e que aportará o colexio) e unhas castañas asadas. Para o tema das castañas solicitamos que cada alumno/a traia unha présa delas (non vos pasedes, pensade nas que comería un neno só). Polo que ese día non haberá que traer merenda extra (haberá varias propostas para elixir), só para beber. Ademais o alumnado terá unha actuación especial a cargo de Anxo Fariña: divertimonstros.
Xa co bandullo cheo, cara ás 12:15 convidamos a todas as familias a que veñades ao centro a realizar a tamén tradicional decoración de cabazas cos vosos/as fillos/as. Para iso teredes que traer unha cabaza sen baleirar (aos peques venlles xenial realizar este traballo) e todos aqueles elementos coas que as queirades decorar, así como os utensilios que vos fagan falla para o iso. Haberá diferentes premios e pasarémolo xenial.
Ese día, nenos/as e maiores podedes vir disfrazados/as. Calquera dúbida consultade coas titoras e titor.
Agardamos por todos e todas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.