O pasado venres os nenos e nenas de infantil gozamos cun obradoiro de cociña elaborando en equipo un saboroso biscoito de cabaza! Logo de escribirlle unha carta a Almudena,a nosa cociñeira, pedíndolle permiso para poder empregar o forno; elaboramos entre todos e todas unha receita sinxela do biscoito,traballando os ingredientes e as medidas precisas para a súa elaboración. A verdade que o pasamos en grande raiando a cabaza, batendo os ovos,medindo a fariña,mesturando... Para finalmente saborear na merenda o rico pastel!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.