A semana pasada o alumnado de 5º podía escoller tema libre para elaborar un podcast. As únicas premisas eran que fose de interese para todos os nenos e nenas e que creasen un guion con coherencia, estruturado e boa ortografía, traballando en equipo por suposto. Acto seguido escoller músicas e repartir roles para seguir coa expresión oral. Os temas escollidos foron a visita ao Parlamento e Xunta de Galicia de aí unhas semanas e a previa da visita de María Canosa ao centro.
Esperemos que vos guste o traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.