mércores, 23 de marzo de 2022

MOITAS NOVIDADES POR METEOMOECHE!!!

Pois temos unha boa tanda de fotos pendentes de ensinarvos no mellor observatorio do mundo mundial. Xa sabes, se queres subir unha non tes máis que mandala a "meteomoeche@gmail.com


Comezamos cunha foto moi chula que nos envían Rodrigo e Marcelo (ambos de infantil). Trátase dun solpor en Valdoviño, unha preciosa toma que realizaron os nosos amigos.



Non podían faltar as fotos da teacher Alba que nos mostran un fermoso arco da vella sobre o mar e unha gran vista sobre a Punta Frouxeira, tamén no concello veciño de Valdoviño.



Carolina (4º primaria) quere mostrarnos unha formas curiosas das nubes na entorna do seu fogar. A que se vos parecen?



A outro bonito lugar nos leva a mestra Judit para ensinarnos outro solpor en A Capela. Da mesma maneita, aproveitou a primeira tarde de primavera para dar un paseo polo lago de As Pontes e ver como comezaba a estación das flores alí. 



Cerramos cun vídeo que nos mandan Adrián (1º), Martín (infantil) o o mestre Abel, que subiron ata Punta Candieira para ver como se meneaba a súa estación meteorolóxica cos fortes ventos. Houbo rachas de 70 km/h ese día!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.