mércores, 30 de marzo de 2022

PROPOSTA DÍA DO LIBRO (23 ABRIL)

O día do libro, que é o 23 de abril, estase achegando e, dende o CEIP San Ramón, comezamos a propoñer actividades que son moi divertidas e que todo o alumnado pode facer.

Neste caso, queríamos conseguir que o alumnado, axudado do libro que máis lles guste, completen a portada deste coa contorna ou con eles mesmos. Para ilustralo e que se entenda mellor, deixámosvos aquí un exemplo do que estamos a suxerir:


Como vedes, pode ser moi sinxelo. Ou podedes complicalo todo o que queirades. Deixade voar a vosa imaxinación e mandade as vosas imaxes a: bibliotecaceipsanramon@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.