xoves, 10 de marzo de 2022

TEATRO NA ESCOLA!!!




Hoxe tivemos a gran sorte de contar no cole con dous pedazo de artistas como son Félix Rodríguez e Fran Rei, quenes deleitaron aos nosos peques co seu espectáculo "Sabooorr". Comedia, música, malabares, maxia e moito máis foron os agasallos que nos deixaron hoxe no patio de recreo. Pasamos un rato incrible e, desde aquí, queremos felicitalos tamén pola súa capacidade de adaptación ao imprevisto que houbo co corte de luz. Nin moito menos lles fixo parar, senón que continuaron dun xeito moi profesional e facendo que non se notara en absoluto a necesidade de micros e música no seu show. Grazas!!!


FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.