O pasado mércores tivemos unha clase de Sociais moi diferente. Grazas ao programa "Coñece as túas institucións" gozamos da oportunidade de coñecer por dentro tanto o Parlamento como a Xunta de Galicia.
No Parlamento, ademais, participamos nun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da guerra cos 75 deputados/as. Tralo mesmo, tivemos a oportunidade de conversar con membros/as dos diferentes grupos políticos que toman as decisións no hemiciclo, o cal foi moi gratificante para a rapazada. Ademais escoitamos varias intervencións en directo dun pleno, vendo a realidade práctica de todo o que nos contara o guía Hixinio con anterioridade.
Acto seguido cambiamos de escena cara o edificio da Xunta de Galicia. Alí sentámonos na mesa do Consello de Goberno e comprendemos como se toman as decisións que afectan á cidadanía directamente.
Finalizamos o día en Santiago comendo baixo cuberto, pois fixo un día de moita choiva...
Algunhas fotos do día:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.