A Fundación Oxígeno acudiu este pasado xoves ao noso cole para realizar con nós un taller de concienciación ambiental.
Explicáronnos cousas moi interesantes e impactantes! Se contaminamos, non só estamos danando ao planeta; danámonos a nós mesmos! Pois chegamos a inxerir arredor de 5g de microplásticos á semana. Microplásticos que, á súa vez, tomaron as especies mariñas.
Tamén tivemos a oportunidade de ver ovos de mantarraias, o esquelete dun ourizo de mar, cunchas de distintos bivalvos... e rematamos facendo un xogo de reciclaxe.
Quedamos abraiados da cantidade de lixo que pode chegar aos nosos mares!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.